María Marta Álvarez Montes, nada na Coruña o 30 de outubro de 1943, é unha política galega vinculada ao PPdeG.

Traxectoria Licenciada en Filosofía e Letras (Sección Historia) e Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Foi profesora axudante de Redacción e profesora adxunta de Historia do Xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Navarra. Catedrática de instituto de Historia. Foi profesora colaboradora do INGABAD e estivo destinada en institutos de Lalín e Santiago de Compostela. Foi xefa do gabinete da Reforma Educativa na Consellería de Educación (1990-1993). Profesora do Instituto García Barros da Estrada.

Militante do Partido Popular de Galicia, foi concelleira en Santiago de Compostela e senadora designada pola Comunidade Autónoma logo das eleccións xerais de 1993. Revalidou o seu posto nas eleccións de 1996, pero dimitiu en 1997 para ser substituída por Vitorino Núñez. Tamén foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2001 e 2005.

Véxase tamén Bibliografía

Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados na Coruña

Categoría:Nados en 1943

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes