Marta María Fernández-Tapias Núñez, nada en Vigo en 1974, é unha avogada e política galega do PPdG, delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo dende o ano 2020.

Traxectoria Licenciada en dereito pola universidade Complutense de Madrid, é avogada, especialista en dereito mercantil e marítimo-pesqueiro. En novembro de 2016 foi nomeada Directora Xeral de Administración local na Xunta de Galicia, onde exerceu ata a convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Sucedendo no posto a Corina Porro, de setembro de 2020 a xuño de 2023 foi a delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo. Sucedeuna Ana Ortiz Álvarez.

En decembro de 2021 foi elixida, polos militantes do seu partido, líder do PP en Vigo e en agosto de 2022 o comité electoral do PP de Vigo designouna como candidata á alcaldía da cidade para as Eleccións municipais de 2023 que se celebraron o 28 de maio, resultando elixida concelleira e liderando a oposición ao goberno do alcalde Abel Caballero.

Vida persoal É sobriña do empresario Fernando Fernández Tapias.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid