Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

Demografía

Censo total 2.033 (2017) Menores de 15 anos 132 (6.49 %) Entre 15 e 64 anos 1.134 (55.78 %) Maiores de 65 anos 767 (37.73 %)

Xeografía O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.

Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).

Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).

Historia Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.

Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.

Patrimonio Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Nogueira de Ramuín Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Nogueira de Ramuín vexa: Lugares de Nogueira de Ramuín.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Nogueira de Ramuín

Categoría:Nogueira de Ramuín