Gael García Bernal, nado o 30 de novembro de 1978 en Guadalaxara, Xalisco, é un actor mexicano de teatro, televisión e cinema. Tamén é produtor e director.
Televisión Gael é fillo dos actores José Ángel García e Patricia Bernal. Iniciou con eles a súa carreira artística actuando en teatro. Aos 11 anos participou na súa primeira novela, Teresa protagonizada por Salma Hayek. Tres anos máis tarde tivo o seu primeiro papel estelar na novela El abuelo y yo ao carón de Ludwika Paleta e Diego Luna.
Cine Foi para Londres para estudar actuación na Central School of Speech and Drama e ao volver para México actuou en curtas como De tripas corazón, que foi nomeado ao Óscar. O seu primeiro filme foi Amores perros, dirixido por Alejandro González Iñárritu no 2000. Este filme foi un éxito de recadación e foi nomeada ao óscar como mellor filme de fala non inglesa. No ano 2001 filmou Y tu mamá también, de Alfonso Cuarón, unha película cargada de sensualidade que malia non ser elixida por México para representar o seu país nos óscares, foi nomeada ao mellor guión. No 2002, actuou en El crimen del padre Amaro, baseado nun texto de Eça de Queirós, interpretando o papel que lle dá nome ao filme. Esta película foi tamén nomeada ao óscar como mellor filme de fala non inglesa. No 2004 actuou nas exitosas películas, Diarios de motocicleta do brasileiro Walter Salles, baseada na vida do Che Guevara e en La mala educación de Pedro Almodóvar.
A biografía de Gael está incluída na Enciclopedia Británica. A revista People en Español incluíu a Gael nas listaxes de Artista mellor vestido, Solteiro máis desexado e As 50 belezas latinas. A revista para homes GQ nomeouno un dos Homes do ano no 2004, a canda o estadounidense Tom Cruise e o británico Jude Law.
Novelas El Abuelo y yo (1992) Teresa (1989)
Filmografía Ano Título Papel Notas 2000 Queen of Swords Churri Episodio "Honor Thy Father" 2000 Amores perros Octavio 2001 Sin Noticias de Dios Davenport Nomeado ó Goya ó mellor actor secundario 2001 Vidas privadas Gustavo 'Gana' Bertolini 2001 Y tu mamá también Julio Zapata 2001 El ojo en la nuca Pablo Urrutia 2002 I'm with Lucy Gabriel 2002 Fidel Ernesto "Che" Guevara 2002 El Crimen del Padre Amaro Padre Amaro 2003 Dreaming of Julia Ricky 2003 Dot the I Kit Winter 2004 Bad Education Ángel/Juan/Zahara 2004 Diarios de motocicleta Ernesto "Che" Guevara 2005 The King Elvis 2006 Babel Santiago 2006 The Science of Sleep Stéphane Filme francés, escrito e dirixido por Michel Gondry 2007 Déficit Cristobal Tamén director e produtor 2007 El Pasado Rímini 2008 Blindness King of Ward 3 2008 Rudo y Cursi Tatto 2009 Mammoth Leo Vidales 2009 The Limits of Control Mexicano 2009 8 - 'The Letter' - Produtor, Escritor e Director 2010 Letters to Juliet Victor 2010 También la lluvia Sebastián 2010 José and Pilar El mesmo Documental sobre José Saramago 2011 A Little Bit of Heaven Julian Goldstein 2011 Casa de Mi Padre Onza 2011 The Loneliest Planet Alex
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Gael García
Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Directores de cinema de México Categoría:Nados en Guadalaxara, México Categoría:Nados en 1978 Categoría:Actores de teatro de México Categoría:Actores de televisión de México