Atletu () é un filme etíope de 2009 dirixido por Davey Frankel e Rasselas Lakew. O filme foi escollido como candidato de Etiopía para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Foi o primeiro filme etíope en ser presentado nesta categoría dos Óscar.

Nunha mestura entre imaxes de ficción e de arquivo, Atletu conta a historia do corredor de maratóns etíope Abebe Bikila. En 1960, participou nos Xogos Olímpicos de 1960 sendo un completo descoñecido. Porén, o fillo dun pastor conseguiu a medalla de ouro nos Xogos. Catro anos máis tarde, volveu conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Tokio, converténdose no primeiro home en converterse en campión olímpico de maratón dúas veces consecutivas. Uns poucos anos máis tarde, sufriu un accidente de coche que lle fixo perder o uso das súas pernas.

Personaxes Rasselas Lakew como Abebe Bikila Dag Malmberg como Onni Ruta Gedmintas como Charlotte Abba Waka Dessalegn como o sacerdote

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Etiopía propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua amhárica Categoría:Filmes en lingua oromo Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Etiopía Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes rodados en Noruega Categoría:Filmes rodados en Bulgaria