O HIFK Fotboll (Idrottsföreningen Kamraterna, Helsingfors) é un equipo de fútbol da cidade de Helsinqui, Uusimaa (Finlandia). É a sección de fútbol do club polideportivo HIFK, fundado en 1897, mentres que a sección foi fundada en 1907. En 2020 compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Telia 5G -areena, un estadio con capacidade para 10 770 persoas situado no distrito de Töölö. O seu uniforme titular é camiseta vermella e pantalón branco, mentres que a reserva é completamente branca.

O HIFK gañou o campionato finlandés en sete ocasións (1930, 1931, 1933, 1937, 1947, 1959 e 1961) e foi subcampión da Suomen Cup unha vez (1959). En 2019 equipo ocupaba a décimo primeira posición na clasificación histórica da liga.

Palmarés 7 Veikkausliiga: 1930, 1931, 1933, 1937, 1947, 1959, 1961

Notas

Véxase tamén Outros artigos HIFK Hockey

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Finlandia Categoría:Deporte en Helsinqui Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1897