A depresión de Turan, (en ; en ) é unha extensa depresión de Asia Central, bañada polos ríos Amu Daria e Sir Daria."Turán", vol 19 de la Gran Enciclopedia Ilustrada, Ediciones Danae, S.A. ISBN 84-7505-292-4. O Amu Daria percorre en dirección sueste-noroeste a través desas terras baixas. Forma a maior parte do territorio de Turkmenistán e abrangue áreas significativas en Kazakhstán e Uzbekistán.

A depresión está localizada ao leste do mar Caspio e ao sueste do mar de Aral. É unha das maiores extensións de area do mundo. De media, a rexión recibe menos de 381 mm de chuvia por ano. O deserto de Karakum queda na porción meridional das terras baixas de Turan. A cidade de Vpadina Akchanaya, en Turkmenistán, chega a 81 metros baixo o nivel do mar.

Notas

Categoría:Accidentes xeográficos de Kazakhstán Categoría:Xeografía de Turkmenistán Categoría:Xeografía de Uzbekistán