Jerry Michael Linenger, nado en Eastpointe, Míchigan, o 16 de xaneiro de 1955, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-64, STS-84 e STS-81.

Traxectoria Linenger graduouse en biociencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1977 e ten un doutoramento en medicina pola Universidade do Estado de Wayne en 1981. É máster en xestión de sistemas pola Universidade do Sur de California en 1988 e en políticas de saúde pública pola Universidade de Carolina do Norte en 1989, así como doutor en epidemioloxía por esta última universidade nese mesmo ano.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1992, participando nas misións STS-64, STS-84 e STS-81 e pasando un total de 143,12 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-64 STS-84 STS-81

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Míchigan