Computerwelt é o oitavo álbum de estudio da banda alemá de música electrónica Kraftwerk, publicado o 10 de maio de 1981 a través dos selos Kling Klang e Warner Bros."New Musical Express". NME. Londres. 17 de abril de 1982. p. 39

O álbum trata o tema do auxe dos ordenadores dentro da sociedade. De acordo co concepto do álbum, Kraftwerk mostrou a súa música nunha ambiciosa xira mundial. As composicións están acreditadas a Ralf Hütter, Florian Schneider e Karl Bartos. Ao igual que cos seus dous anteriores discos, Computerwelt editouse en versións en lingua alemá e inglesa (esta co nome Computer World).

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums musicais de 1981 Categoría:Álbums producidos por Florian Schneider Categoría:Álbums producidos por Ralf Hütter Categoría:Álbums de Warner Bros. Records Categoría:Álbums de Kraftwerk