Os sucesos de Casas Viejas, tamén coñecidos como o masacre de Casas Viejas, consistiron nun intento de levantamento labrego contra o Cuartel da Garda Civil, que tiveron lugar entre o 10 e o 12 de xaneiro de 1933 na pequena localidade de Casas Viejas, na provincia de Cádiz, e constitúen un dos feitos máis tráxicos da Segunda República Española. Abriu unha enorme crise política no primeiro bienio da República e foi o comezo da perda de apoios políticos e sociais que conduciría meses despois á caída do goberno republicano-socialista de Manuel Azaña e ao triunfo das dereitas nas eleccións de novembro de 1933.

Se se contabilizan os feridos falecidos posteriormente, resultaron mortos veinte e oito labregos, dous gardas civís e un de asalto. Segundo o historiador Ricardo Robledo, «hai moitas facetas na traxedia de Casas Viejas» mais «aqueles sucesos significaron tamén a cristalización do desencontro entre o campesiñado máis pobre e os ideais da República coa súa promesa de reforma agraria e de mellora das condicións de traballo».

Historia e características O 11 de xaneiro de 1933 tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como Benalup-Casas Viejas) unha revolta protagonizada por un grupo de anarquistas da CNT que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, destituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da Garda Civil onde se atopaban un sarxento e tres números. Feren de morte ao sarxento e a un dos números, pero non conseguen os seus propósitos.

Inmediatamente, decatado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da Garda de Asalto que entraron a tiros na vila, incendiaron a casa na que se refuxiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboeiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.

Coñecidos os feitos en toda España, produciuse un grande escándalo parlamentario e periodístico que produciu a caída do goberno de Azaña e favoreceu a chegada da dereita ao goberno.

O periódico da CNT describiu os feitos como:

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Gutiérrez Baena, Salustiano (2017). Los sucesos de Casas Viejas: Crónica de una derrota. Editorial Beceuve.

Luengo Camacho, José; Antequera, Juan José (introd. y notas): Informe inédito de Casas Viejas. Testimonio de un guardia de Asalto acerca de los sucesos que cambiaron la Historia de España; Sevilla, Facediciones, 2008. 2ª ed. 2010.

(2016): Viaje a la aldea del crimen. Documental de Casas Viejas. Libros del Asteroide. ISBN 978-84-16213-63-4

Categoría:Segunda República Española Categoría:Anarquismo en España Categoría:1933 Categoría:Historia de Andalucía Categoría:Garda Civil Categoría:Masacres cometidos por España