Marina Núñez del Prado Vizcarra, nada na Paz o 17 de outubro de 1908 Exposición homenaje a Marina Núñez del Prado en el centenario de su nacimiento 1908-2008 . La Paz: Museo de Arte de La Paz, 2008. e finada en Lima o 9 de setembro de 1995, foi unha escultora boliviana. A súa obra estivo influenciada pola cultura precolombiana e en especial pola cultura aimara. A súa traxectoria é de especial relevancia polo diálogo que establece entre a escultura boliviana e as correntes da escultura da súa época, dende os seus comezos, cunha maior relación co movemento indixenista, ata á fin da súa dilatada carreira, cunha evolución cara a formas máis abstractas, froito do seu contacto coas vangardas fóra de Bolivia.

Traxectoria Nada no barrio de Caja Agua na Paz, de ascendencia española, neta de enxeñeiro e filla de xeneral, formou parte da elite local. A vocación pola arte é herdada: encontrou a inspiración en José Núñez del Prado, o seu bisavó, que foi arquitecto graduado pola Escola de Enxeñaría de Bolivia. Segundo indica nas súas memorias, o pai de Marina Núñez tamén desenvolveu facetas artísticas no deseño a pintura e a música. Dende moi nova estivo en contacto con diversas ramas da arte, como a pintura, escultura ou a música a través de clases particulares na casa. Citado en: O apoio da familia foi fundamental na traxectoria desta escultora, xa que foi animada a realizar os estudos artísticos e tamén contou cun soporte económico, como indica a creación dun obradoiro propio nos baixos da casa familiar. Citado en: A irmá de Marina, Nilda, tamén contou con este apoio na súa carreira artística.

Entre 1927 e 1929 estudou no Conservatorio Nacional de Música e na Escola Nacional de Belas Artes da Paz. Nesta última ingresa con 19 anos Citado en: e gradúase no ano 1930. Pouco despois converteuse na primeira muller en acceder mediante concurso ao posto de docente na Escola Nacional de Belas Artes da Paz, onde impartiu clases de Escultura e Anatomía artística. Como cita nas súas memorias, presentouse á praza animada por Cecilio Guzmán de Rojas malia non sentirse preparada para a docencia. Citado en:

Cecilio Guzmán de Rojas, pintor e figura destacada do indixenismo boliviano, xogou un papel importante no achegamento desta institución ao movemento indixenista. Coa súa chegada á Dirección Xeral de Belas Artes en 1930, por convite do presidente Hernando Siles, cesou a gran parte do profesorado da Academia e convocou novos concursos, nunha estratexia deseñada para formar un equipo con maior afinidade política e para impulsar unha renovación das artes plásticas. Nesta renovación a posta en valor dos temas autóctonos foi o eixo central en contraposición aos motivos clásicos que dominaban nos círculos da Academia do momento. Unha serie de artistas seguiron as pautas estéticas de Guzmán de Rojas, imitando o estilo dos ritmos voluptuosos na escultura e na pintura, entre eles: Yolanda Bedregal, Hugo Almaráz, Félix Rojas Ulloa, Arcadio Ortiz, Edmundo de Bejar, Félix Edmundo Valdez, Rebeca de la Barra, Germán Villazón e a propia Marina Núñez del Prado. Na denominada Xeración do Chaco a produción de Marina Núñez de Prado ocupa un lugar significativo.

Nestes primeiros anos, ata a metade dos anos 1940, a produción escultórica de Núñez del Prado alíñase coas convencións do indixenismo andino.. Porén, os estudos da figura de Núñez del Prado non constatan un compromiso político directo e militante na súa traxectoria profesional e vital máis aló das escollas temáticas das súas obras.

Deixou o seu traballo na universidade e a súa cidade natal, a Paz, en 1938 para viaxar polo Perú, o Uruguai e a Arxentina. Nesta última pasou dous anos. Viaxou tamén a outros países fóra de Suramérica, incluíndo e Estados Unidos. Estudou durante oito anos en Nova York cunha bolsa outorgada en 1940 pola Asociación Americana de Mulleres Universitarias (American Association of University Women, AAUW), que obtivo tras ser rexeitada a súa primeira solicitude en 1939. A bolsa permitiulle profundar na arte dos artistas estadounidenses así como nas vangardas do momento e realizar un intercambio cultural que trasladou a Bolivia.miniatura|Marina Núñez en 1963|alt=Marina Nuñez en 1963 Durante a súa estancia en Nova York gañou a Medalla de Ouro na exposición da AAUW pola escultura Mineiros en Rebelión. Esta obra centrábase nos traballadores da rexión boliviana de Potosí. Pouco despois, en 1948, regresou á Paz, onde continuou realizando traballos inspirados polos pobos indíxenas de Suramérica.

En 1954 abre un espazo expositivo na casa familiar da Paz ao que co tempo foi sumando as obras de ourivaría da súa irmá Nilda e a colección particular da familia. En 1969 as dúas irmás e os tres irmáns Núñez del Prado acordan convertela en casa museo a través da creación dunha fundación.Mazza, op. cit. 153-154

Posteriormente, en 1972, trasladouse ao Perú co seu home Jorge Falcón Gárfias, escritor peruano, debido da silicose que adquirira pola inhalación do po do granito. A enfermidade obrigouna a adoptar un método diferente para tallar a súa obra. Morreu no Perú o 8 de setembro de 1995. Os seus restos mortais descansan nun nicho do Cemiterio Xeral da Paz.

Obra Traballou cunha diversidade de materiais, entre os que destaca unha temperá preferencia polas madeiras tropicais procedentes da Amazonía, que deu paso a pedras como o granito, a andesita, o basalto, o ónix e o mármore. Nos anos setenta experimenta co cobre puído e nas súas últimas etapas artísticas tamén adoitou usar o bronce. Ademais de ter unha relación moi intensa co deseño, como mostran os debuxos realizados entre as décadas de 1930 e 1960, o seu método de traballo previo empregaba a modelaxe en arxila a pequena escala, para posteriormente desenvolver a idea en xeso nun formato máis grande que transfería a outros materiais.

A temática da súa obra centrouse en cuestións da súa contorna, en especial na representación da muller campesiña aimara, e na paisaxe e a cultura de Bolivia. Segundo a estudosa da súa obra, Mazza, pódense sinalar tres liñas temáticas na obra de Núñez del Prado en torno á muller: a primeira sería muller e a maternidade, con obras como Madre Índia, (1934) en granito de Comanche, e Abrazo (1950) A segunda, a asociación entre a muller e a natureza, e por último a relación entre a muller e a sexualidade. Nas súas esculturas vense representadas culturas ancestrais como a de tiwanaku ou a cultura e tradición incas.

Exposicións e bienais Mostrou a súa obra en numerosas exposicións internacionaisp.20, tomado da autobiografía: dende países de América como Bolivia, o Perú, Arxentina, o Uruguai, México, Cuba, o Brasil, Venezuela, Colombia e os Estados Unidos; en Europa como Alemaña, Francia, Italia ou España; en Asia en países como o Xapón e Corea.

Primeira exposición individual, A Paz, Bolivia (20 de outubro de 1930) Galería Witcomb, Bos Aires, Arxentina. (1936) p.59 MAzza MoMA Nova York, The Latin American Collection The Museum of Modern Art (31 de marzo ao 6 de xuño de 1943). Museo Petit Palais, París, Francia (1953) Biblioteca Luis Ángel Arango, banco da República de Colombia en Bogotá (1961) Presentou as súas obras no Parque Mundial da Escultura, parte do coñecido Parque Olímpico de Séul. (1988) Marina Núñez del Prado: andina e universal. Galería John Harriman, Lima, o Perú. (Póstuma, 2009)

Bienais

Bienal Hispanoamericana de Arte, Madrid, España (1951) Bienal de Arte São Paulo, Brasil. Bienais I (1951) II, III e VIII. Bienal de Venecia, XXVI (1952) II Bienal Interamericana de Arte de México, México D.F. (1960) IX Bienal de Tokio, Xapón (1967) A novena edición da Bienal de Tokio celebrouse en 1967 e non no 1977 como indica . Ver As Palmas de Gran Canaria, Voces de Ultramar e Madrid, España. (1992)

Períodos Raúl Botelho Gosalvez en La Escultura Telúrica de Marina Núñez del Prado, sostén que o seu traballo está marcado por dúas características principais: a graza e a forza. A forza vese a través das súas paisaxes andinas e a súa graza é recoñecible na xeometría harmoniosa das súas obras. Botelho afirmou que as obras de Núñez del Prado están vinculadas de xeito constante ao «genius loci», e que aí reside a súa forza e orixinalidade. Este autor distingue catro períodos na súa obra: Un primeiro período caracterizado pola temática da danza no seu traballo, poñendo en relación os ritmos musicais e os plásticos no que amosa unha preferencia polo emprego da madeira. Un segundo período caracterizado polo uso da escultura bidimensional e unha temática que se achega ó tema social boliviano, pero sen que se poida denominar "arte comprometida", segundo Botelho. Un terceiro período caracterizado pola escultura en pedra tridimensional. Botelho Gosalvez denomínao «período maternal» debido ás representacións de madonas aimarás e outras de mulleres indíxenas. Por último, o cuarto período é o neo-abstracto que foi influenciado pola súa amizade con artistas como Picasso, Archipenko e Milles e o contacto coa obra de Constantin Brancusi –pioneiro da arte moderna–, Henry Moore e Arpa.

Porén, a propia artista a través da súa autobiografía, Eternidad en los Andes, na que analiza a súa traxectoria profesional e afonda nos temas da súa obra, retoma estes catro períodos, pero renoméaos como Musical, Social, Maternal e Andino. Citado en: No período musical o material preferente é a madeira na que dará forma a figuras bidimensionais con motivos como chamas, cholas, indíxenas e bailarinas. Obras características deste período son Danza de Cóndores, Danza de Cholas e Danza de Waka-Tokoris.. Segundo afirma a propia artista neste período rompeu totalmente coas liñas da Academia. O último dos períodos, renomeado como Andino no canto de neo-abstracto inspírase na cordilleira dos Andes e introduce ángulos e liñas rectas que se suman ás curvas características da escultura de Núñez del Prado. Citado en: miniatura|Mulleres ao vento, escultura deseñada por Marina Núñez, na Plaza de la Mujer en Seguencoma, A Paz

Crítica Tivo detractores como Fausto Renalga, o chamado pai do indianismo, que a acusa de apropiación cultural e de non esculpir as súas obras, tarefa que realizaría o seu axudante, de orixe indíxena, Agustín Callisaya. Nun relato persoal publicado por Callisaya en 2006 este axudante acusaba a escultora de delegar os traballos máis importantes da realización escultórica aos axudantes por falta de aptitudes para a escultura. Citado en : Estes argumentos de Renalga foron amplificados polo goberno da Bolivia do momento. Na súa autobiografía Núñez del Prado relata como en 1930, cando era profesora na Academia de Belas Artes, lle foi denegada unha axuda solicitada ao Ministerio de Facenda. A xustificación alegada foi escasa proxección que a súa escultura significaba para o país.p 43 mazza146

Por outra banda contou coa aceptación da crítica estadounidense, como a de Eleanor Roosevelt, a quen a artista coñeceu persoalmente durante unha das súas exposicións nos Estados Unidos. A obra de Marina Núñez del Prado inspirou a poetas como Rafael Alberti, quen lle dedicou uns versos en homenaxe á súa obraConcretamente na obra Abierto a todas horas. Citado en: ou Gabriela Mistral, próxima á artista, que lle dedicou un capítulo do seu libro Grandeza de los oficios.

Héctor Herazo Rojas en Una escultora de América para el mundo. Marina Núñez del Prado sostén que as súas obras se caracterizan pola súa forza, graza e monumentalidade. Tamén sinala que as súas obras xiran ao redor da temática da súa propia raza, o mito e a tradición. As esculturas de figuras indíxenas maternas e animais mitolóxicos son unha mostra. Pedro Querejazu coincide con Herazo Rojas sobre a súa carreira temática e suxire que as esculturas de Núñez del Prado se orixinaron dentro do movemento do realismo «nativo».