O altiplano Yunnan–Guizhou ou altiplano Yungui (chinés simplificado: 云贵高原; chinés tradicional: 雲貴高原; pinyin: Yúnguì Gāoyuán) é unha meseta localizada no sueste da China, estendida principalmente polas provincias de Yunnan e Guizhou. No suroeste, o Yungui é un auténtico altiplano con mesetas chás, mentres que no nordeste, é unha área en xeral montañosa con outeiros, gorxas e topografía kárstica.
Xeografía Definición Baixo a definición máis estrita, o altiplano Yungui esténdese dende o río Vermello en Yunnan polo suroeste ata os montes Wuling en Hunan no nordeste. Esta rexión inclúe a maior parte do Yunnan oriental e a maioría de Guizhou. Non obstante, é común, que o resto de Yunnan e as mesetas que o rodean que se consideren parte do altiplano Yunnan–Guizhou aínda que non teñan as mesmas características.
Baixo a definición máis ampla, o altiplano Yungui inclúe tamén o condado Gulin e os extremos meridionais de Sichuan, o Chongqing oriental, o suroeste de Hubei, o occidente de Hunan e o noroeste de Guangxi.
Xeografía humana Localizado na China suroccidental, o altiplano separa a conca do Sichuan da China meridional. A área considerouse unha rexión illada da China. Historicamente, foi o fogar de pobos minoritarios dedicados á agricultura intensiva nos outeiros e vales. Actualmente é unha das áreas máis deprimidas economicamente da China e as rexións de Guizhou e Yunnan as provincias están entre as últimas da clasificación no índice de desenvolvemento humano nese país. Moitos residentes viven ao estilo tradicional en aldeas rurais.
As cidades importantes do altiplano son Kunming, Guiyang e Zunyi. Na rexión realizáronse grandes obras de enxeñaría como ferrocarrís que se construíron por terreos complicados. A ponte máis alta do mundo, a ponte Beipanjiang, localízase na fronteira do Yunnan-Guizhou.
Xeografía física O altiplano Yungui é unha gran rexión montañosa de terreo abrupto con picos kársticos e gorxas fondas. Está apoiado nas grandes montes Hengduan ao noroeste e en rexións baixas no norte, leste e sueste. Outras importantes cordilleiras cruzan ou rodean áreas do altiplano. Os montes Wumeng e Wulian Feng forman unha barreira polo Yungui central setentrional ao longo do río Jinsha (Yangtzé superior). Polo norte, os Dalou percorren o bordo entre o Yungui e a conca do Sichuan. Os Wuling no nordeste forman un terreo de transición cara á chaira do Yangtzé. No sur, o Miao diríxese cara aos montes do sur da China. A través do río Vermello ao suroeste, os Ailao forman unha barreira definitiva.
Os altos picos de montaña do Tíbet oriental son a fonte de moitos dos grandes ríos grandes de Asia, que flúen cara ao su polo altiplano Yunnan–Guizhou. Os ríos dividen o altiplano, Salween e Mekong dirixíndose ao sur e o Yangtzé virando ao nordeste. A maioría do Yungui occidental é drenado polos ríos Nanpan e Beipan, que conflúen no río das Perlas. No Yungui oriental localízase o río Wu, afluente do Yangtzé.
En zonas do Yunnan fórmanse lagos importantes, como o Dian Chi e o lago Fuxian. O lago Erhai sitúase no bordo occidental do altiplano, ao sur dos montes Hengduan.
Clima e ecoloxía O clima varía gradualmente dende o máis seco no suroeste ata o máis chuvioso no nordeste. No Yunnan central oriental, partes do altiplano posúen un clima semiárido. Na maioría de Guizhou, o clima clasifícase como húmido subtropical. O altiplano está cuberto por bosques subtropicais perennes en moitas porcións de Yunnan e por bosques mixtos en zonas de Guizhou.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Expansion of the Chinese Paddy Rice to the Yannan-Guizhou Plateau
Categoría:Accidentes xeográficos da China Categoría:Mesetas