miniatura|200px|A medusa Velella velella En zooloxía denomínase gonóforo á rexión do gonozoide dos cnidarios hidrozoos onde se producen, por xemación, medusas, que poden permaneceren no zooide ou seren liberadas ao medio.Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 113.
Bioloxía Os gonóforos nacen de ramas que crecen ao redor da parede do zooide (pólipo, que ten boca, cavidade gastrovascular e tentáculos). As células xerminais fórmanse a partir da capa interna do entocodon (capa derivada do ectoderma).entocodon en docsity.com . O entocodon é o primordio (é dicir, as primeiras células que dan lugar ao desenvolvemento dun órgano) da subumbrela (é dicir, a superficie oral cóncava dunha medusa) no desenvolvemento das medusas a partir do gonóforo.
Etimoloxía O termo gonóforo está formado polos elementos do Vocabulario Científico Internacional gono- e ´-foro. O primeiro deriva do grego antigo γόνος gónos, "xeración", "acción de procrear",gono- Merriam-Webster Dictionary. e o segundo do latín científico -phorus, tirado do grego antigo -φόρος -phóros "carga", derivado do verbo φέρω phérō, "levar", "transportar", "carrexar".
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bouillon, Jean; Cinzia Gravili, Francesc Pagès, Josep-Maria Gili & Ferdinando Boero (2006): An introduction to Hydrozoa. París: Mémoires du Muséum national d’Histoire naturelle nº 194. Publications Scientifiques du Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 978-2-8565-3580-6, pp. 79–82. Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S.; Barnes, Robert D. (2004): Invertebrate Zoology, 7th edition. Boston, Massachusetts, USA: Cengage Learning. ISBN 978-81-315-0104-7.
Outros artigos Capitados Gonópodo Gonozoide