Millepora exaesa é unha especie de cnidario hidrozoo da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, unha das quince recoñecidas na actualidade (2020) na familia dos milepóridos.Millepora exaesa Forsskål, 1775 no WoRMS. Consultada o 1 de setembro de 2020.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1775 polo naturalista, explorador e orientalista sueco Peter Forsskål, un dos chamados dezasete apóstolos de Linneo.Vermeulen, Han F. ed., (2007): The Linnaeus Apostles – Global Science and Adventure. Múnic, Alemaña: IK Foundation & Co Ltd. ISBN 978-1-9041-4526-4.

Sinónimos Ademais de polo protónimo que lle impuxo Forsskål, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Millepora alcicornis nodosa Esper, 1790 Millepora exaesa var. incrustans Klunzinger, 1879 Millepora gonagra Milne Edwards, 1860 Millepora nodosa Esper, 1790 Millepora tuberculosa Milne Edwards, 1857 Millepora tuberosa Boschma, 1966

Hábitat e distribución Hábitat Millepora exaesa vive nas costas de mares tropicais asociado aos arrecifes coralinos, a profundidades desde os 3 aos 15 m. É común en hábitats de arrecifes pouco profundos, en zonas costerias de augas turbias e en augas despexadas en mar aberto. É unha especie coñecida por tolerar a sedimentación.

Distribución Esta especie está moi estendida na rexión Indo-Pacífica. Encóntrase nas costas do mar Vermello até preto de Madagascar, e no sueste asiático, incluído o sur do Xapón, Australia, até a Micronesia e a Samoa Americana. No Pacífico oriental, encótrase no atol de Clipperton.<ref>Glynn, P. W. (1997): "Eastern Pacific reef coral biogeography and faunal flux: Durham’s dilemma revisited". Proc. 8th Int. Coral Reef Symposium 1: 371-378.</ref>

Bioloxía Como case todos os membros da orde dos antoatecados é un hidrozoo colonial. O cigoto convértese nunha larva plánula dentro do gonóforo e logo se libera como unha larva actínula que, tras a metamorfose, dá lugar a un pólipo que se asenta no substrato.Ruppert, E. E., R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A functional evolutionary approach. 7th Ed. Boston, Massachusetts, USA: Brooks/Cole, Thomson Learning learning, Inc ISBN 978-0-0302-5982-1.

Ameazas miniatura|180px|M. exaesa parcialmente branquexada en GuamMillepora exaesa é susceptíbel ao branquexamento, aínda que menos que as súas conxéneres M. dichotoma ou M. platyphylla. É un dos primeiros falsos corais duros en branquexarse, pero é resistente, e pode recuperarse despois do branquexamento.

En 2005 exportáronse 50 espécimes de M. exaesa vivos para o comercio de acuarios.

En xeral, a principal amenaza para este coral é o cambio climático global, en particular, as temperaturas extremas que conducen ao branquexamento e a unha maior susceptibilidade ás enfermidades. As enfermedides dos corais converteuse nunha grave ameaza para os arrecifes de coral en todo o mundo, e é unha das principais causas da deterioración dos arrecifes.Willis, B.; Page, C. & Dinsdale, E. (2004): "Coral disease on the Great Barrier Reef", pp. 69-104, en: E. Rosenber & Y. Loya (eds.) Coral Health and Disease. Berlín / Heidelberg: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6620-6414-6.

Estado de conservación A amenaza coñecida máis importante para esta especie é a redución extensa do hábitat dos arrecifes de coral debido a unha combinación de ameazas. Descoñécese as tendencia específica da súa poboación, pero esta redución pode inferirse da perda estimada do hábitat. A especie está moi estendida e é común en toda a súa área de distribución, e aínda que é susceptíbel ao branquexamento, recupérase rapidamente e, polo tanto, é probábel que sexa máis resistente á perda do hábitat e á degradación dos arrecifes debido a un suposto gran tamaño de poboación efectiva. Polo tanto, a perda de hábitat estimada do 21 % dos arrecifes xa destruídos dentro da súa na etapa crítica de degradación.

Trndo en conta todo isto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o staus da especie como LC (pouco preocupante).Obura, D., Fenner, D., Hoeksema, B., DeVantier, L. & Sheppard, C. (2014): Millepora exaesa na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 1 de setembro de 2020.

Notas

Véexase tamén

Bibliografía Borneman, E. H. (2001): Aquarium corals. Selection, Husbandry and Natural History. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications, ISBN 978-1-8900-8747-0. Ross, M. A. & G. Hodgson (1981): "A quantitative study of hermatypic coral diversity and zonation at Apo Reef, Mindiro, Philippines". Proceedings of the Fourth International Coral Reef Syposium, Manila 2: 281-291. Razak, T. B. & B. W. Hoeksema (2003): The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia. Leyden: National Museum of Natural History. ISBN 9-0732-3989-3. Veron, J. E. N. (1993): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Honolulu, Hawai, USA: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-1504-2. Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences. Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science. Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.

Outros artigos Millepora''

Categoría:Hidrozoos Categoría:Animais descritos en 1775 Categoría:Fauna de África Categoría:Fauna de Oceanía