Borja Granero Niñerola, nado o 30 de xuño de 1990 en Valencia, é un exfutbolista español, que xogaba de centrocampista e defensa central.
É fillo do exfutbolista e adestrador José Carlos Granero.
Traxectoria Formouse na canteira do Valencia CF e ao rematar a súa etapa xuvenil foi cedido ao Villajoyosa, co que debutou na Segunda División B na tempada 2009/10, xogando 23 partidos e marcando tres goles. De regreso no Valencia xogou co filial deste na Terceira División ata que no mercado invernal fichou polo Recreativo de Huelva.
Durante os seus primeiros meses no Recreativo apenas contou para o adestrador Juan Carlos Ríos, disputando só algúns minutos nas dúas últimas xornadas do campionato de Segunda División, contra Villarreal B e Granada. A súa aportación ao equipo aumentou nas dúas seguintes campañas, nas que xogou 25 partidos e marcou un gol contra o Girona en Montilivi.
No verán de 2013 fichou polo Racing de Santander, que militaba entón na Segunda B. Co equipo santanderino disputou 44 partidos esa tempada, marcando catro goles e logrando ascender a Segunda despois de derrotar na fase de ascenso a Llagostera e Albacete. Ademais enfrontouse por primeira vez nun partido ao seu pai, Carlos Granero, adestrador do Oviedo.
Xa en Segunda, xogou 27 partidos na tempada 2014/15, na que o equipo acabou descendendo novamente. Militou outras tres tempadas no club verde, converténdose no capitán do equipo e xogando dúas promocións máis, pero sen conseguir o ascenso.
Nas tempadas 2018/19 e 2019/20 xogou co Extremadura en Segunda, disputando un total de 72 encontros.
O 3 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por tres tempadas polo Deportivo da Coruña da Segunda División B. Foi titular en case todos os partidos da tempada 2020/21, tanto co adestrador Fernando Vázquez como con Rubén de la Barrera, e marcou un gol na goleada por 5-0 ao Langreo en Riazor. Con todo, a súa participación reduciuse drasticamente trala chegada ao club dos centrais Lapeña e Jaime Sánchez na tempada 2021/22, na que só foi titular en nove partidos, e caeu totalmente no comezo da 2022/23, na que non chegou a xogar ningún minuto.
O 19 de xaneiro de 2023 anunciouse a súa marcha do Deportivo, despois de chegar a un acordo co club para a rescisión do seu contrato, e tres días despois debutou como titular co seu novo equipo, o Castellón, da mesma categoría. Titular indiscutible no club orellut, xogou un total de 19 partidos no que restaba de tempada, e disputou a promoción de ascenso a Segunda División, eliminando nas semifinais ao seu anterior equipo, o Deportivo, antes de caer eliminado ante o Alcorcón na final.
Na primeira metade da tempada 2024/25 militou no Alcoyano, da Primeira Federación, xogando 18 partidos (16 deles como titular), pero en xaneiro asinou co Nàstic de Tarragona, da mesma categoría. Nos seus primeiros meses no club catalán non tivo fortuna, pois as lesións musculares e finalmente unha fractura de úmero reduciron a súa participación a só cinco encontros e dúas titularidades.
En agosto de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Real Avilés, tamén da Primeira Federación. Militou seis meses no club asturiano, co que disputou 18 partidos na Primeira Federación, a maioría deles como titular. Con todo, en febreiro de 2026 anunciou a súa retirada, motivada no "cansazo físico e mental acumulado".
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesVillajoyosa2009/10Segunda B23310--243Valencia Mestalla2010/11Terceira91----91Recreativo de Huelva2010/11Segunda2000--202011/12Segunda14010--1502012/13Segunda9110--101Total club2512000271Racing de Santander2013/14Segunda B32480404442014/15Segunda27300--2732015/16Segunda B26300403032016/17Segunda B11110611822017/18Segunda B28400--284Total club124159014114716Extremadura2018/19Segunda31110--3212019/20Segunda40000--400Total club7111000721Deportivo da Coruña2020/21Segunda B23110--2412021/221ª RFEF 17 2 2020 2122022/231ª RFEF 0 0 00- - 00Total club4033020453Castellón2022/231ª RFEF15000401902023/241ª RFEF1603010200Total club3103050390Alcoyano2024/251ª RFEF18000--180Nàstic de Tarragona2024/251ª RFEF5000--50Real Avilés2025/261ª RFEF18000--180Total carreira 364 24 19021 1 40425
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en BDFutbol.com Perfil en Soccerway.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Futbolistas de España Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Villajoyosa CF Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Real Avilés CF