Martina Lubyová, nada o 12 de maio de 1967 en Bratislava, e finada o 20 de novembro de 2023, foi unha economista e política eslovaca.
Traxectoria Filla do físico Štefan Luby, estudou primeiro xornalismo (1986-1988) co exame estatal de acreditación incluído e diplomouse en biofísica na Facultade de Matemáticas e Física da Universidade Comenius de Bratislava (UCB) en 1991 . Entre 1995 e 2000 traballou como investigadora no Instituto de Previsións da Academia Eslovaca de Ciencias en Bratislava. En 1997 licenciouse en dereito na UCB e de 1999 ao ano 2000 foi asesora legal do Ministerio de Finanzas . En 1999 obtivo dous doutoramentos, en dereito na Universidade Comenius e en estatística na Universidade de Economía de Bratislava. Desde 2000 ata 2010 traballou para a Organización Internacional do Traballo, principalmente na súa sede de Moscova e no ano 2002logrou o doutoramento polo Center for Graduate Education - Economics Institute de Praga, asociada á Universidade Estatal de Nova York.
Dende 2010 traballou como investigadora Instituto de Pevisións da Academia de Ciencias de Eslovaquia que dirixiu a partir de 2013 . O 1 de outubro de 2015 o Instituto de Previsións xunto co Instituto de Psicoloxía Experimental e mais o Instituto de Ciencias Sociais formaron o Centro de Ciencias Sociais e Psicolóxicas da Academia de Ciencias de Eslovaquia e Lubyová ocupou o cargo de subdirectora. Ensinou estatísticas e estatísticas sociais na Facultade de Informática Empresarial da Universidade de Economía de Bratislava e dende xuño de 2017 tamén é membro do Presidium da Academia de Ciencias de Eslovaquia
Ministra de Educación O 11 de setembro de 2017 o Partido Nacional Eslovaco presentouna para dirixir o Ministerio de Educación no goberno de coalición de Robert Fico e xurou o seu cargo o 13 de setembro de 2017.
En xaneiro de 2019 xurdiron dúbidas sobre a transparencia na redistribución de fondos á ciencia e á investigación. Durante a avaliación de proxectos, polo menos nun dos casos houbo unha inxerencia inxustificada na avaliación do ministerio, e a ministra destituíu ao director xeral da sección de ciencia e tecnoloxía. Cesou do seu cargo o 21 de marzo de 2020 tras a celebración de eleccións xerais e a dimisión do goberno de Peter Pellegrini.
Publicacións Dôchodkové zabezpečenie v SR v kontexte európskych dôchodkových systémov a ich súčasných reforiem (1997) Aktívna politika trhu práce v Slovenskej republike (1997) Jobs from Active Labour Market Policies and Their Effects on Slovak Unemployment," William Davidson Institute Working Papers Series 112, William Davidson Institute at the University of Michigan (1997, con Jan C. van Ours) Labour Supply of Married Females and the Related Wage Setting Behavious in Slovakia and the Czech Republic. Working Paper Nº 7, Institute for Forecasting, Slovak Academy of Sciences (2000, con K. Sabirjanova) Labour Market Institutions and Policies in the CIS: Post-Transition Outcomes, Working Paper 3/2009, International Labour Organisation, Sub-regional Office for Eastern Europe and Central Asia (2009) Notas
Categoría:Políticos de Eslovaquia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Bratislava Categoría:Alumnos da Universidade Comenius Categoría:Economistas de Eslovaquia