Elena Pazos Chantrero, nada en Marín en 1983, é unha investigadora no desenvolvemento de ferramentas químicas para o seu uso en biomedicinas. No ano 2019 foi a segunda galega en obter a prestixiosa bolsa 'Starting Grant' do Consello Europeo de Investigación (ERC).
Traxectoria Elena Pazos é licenciada en Química e doutora en Química Orgánica pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre sensores para detectar proteínas implicadas no cancro.
En 2012, grazas a unha bolsa da Fundación Barrié, comezou a traballar na Northwestern University, e posteriormente traballou na empresa Medcom Advance durante un ano. Entre decembro de 2015 e xuño de 2017, traballou no equipo de Ramón A. Álvarez-Puebla no Centre Tecnològic de la Química de Catalunya cunha bolsa Marie Curie..
En xullo de 2017 regresou a Galicia grazas ao programa InTalent UDC da Universidade da Coruña, liderando un proxecto multidisciplinar sobre sensores intelixentes de enfermedades dexenerativas no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Elena Pazos Lab (en inglés)
Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes