Anastasio IV (nome de bautizo Conrado di Suburra), nado en Roma, sobre 1073 e finado o 3 de decembro de 1154, foi Papa do Igrexa católica do 1153 ao 1154. Traxectoria Antes da súa elección como papa ocupou o cargo de cardeal abade de Santa Prudencia, o de bispo cardeal de Sabina e, cando o papa Inocencio II se viu obrigado a se exiliar a Francia, quedou como o seu vicario en Italia.

Foi coroado o 12 de xullo de 1153 e durante o seu breve pontificado, no cal tivo como conselleiro a Nicolau Breakspeare, futuro Hadrián IV, ordenou restaurar o panteón romano, outorgou privilexios á Orde dos Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén e dedicouse a solucionar os conflitos internos da Igrexa.

San Malaquías As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Abbas suburranus (O abade de Suburra), citación que fai referencia ao seu apelido e ao feito que foi abade antes de ser elixido pontífice. Anastasio IV e Galicia En relación con Galicia o papa Anastasio IV fixo no ano 1154 unha confirmación dos mosteiros que formaban parte da diocese de Santiago, constituíndo unha fonte histórica de gran valor para coñecer a extensión dos dominios da sé compostelá no século XII.

Categoría:Papas Categoría:Finados en 1154