José Meijón Area, coñecido como Pepe Meijón, nado en Marín en 1899 e finado no mesmo concello en 1980, foi un canteiro e escultor galego.
Traxectoria En 1913 participou nos exploradores de Marín. Estudou na Escola Nocturna de Cultura Obreira apoiada polas Sociedades Obreiras, onde obtivo o segundo premio ao mellor canteiro da súa promoción en 1929. Afiliouse á agrupación local do PSOE de Marín en 1931. Ao parecer comezou a perder a cabeza cando volvera de facer o servizo militar. Estivo ingresado un tempo no sanatorio de Conxo, de onde escapou e volveu camiñando ata Marín.
Pasaba os días no monte, no camposanto ou preto da costa e gravaba nas laxes. Neopetroglifeiro, esculpía a pedra, escribindo e debuxando siluetas. Nos seus gravados hai mensaxes relixiosas, apocalípticas e referencias a Franco e á Falange; tamén animais, elementos cósmicos e esvásticas. Deixou un enorme legado artístico por diferentes puntos de Marín.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas O incomprendido Pepe Meijón
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1980