Tina Trstenjak, nada en Celje o 24 de agosto de 1990 é unha judoka eslovena.
Traxectoria Trstenjak competiu entre a elite do judo esloveno dende nova, e xa en 2004 logrou a súa primeira medalla, de bronce, no campionato nacional sub 17 e a partir de 2006 empezou a participar en competicións internacionais, nos campionatos mundiais júnior de 2008 en Bangkok quedou terceira na categoría de ata 57 kg. O seu primeiro éxito internacional absololuto foi en 2012 ao quedar terceira no torneo de Qingdao do circuíto do Grand Prix e consolidou a súa posición dentro da elite europea ao gañar en 2013 a medalla de bronce no Campionato de Europa que se celebrou en Budapest na categoría de ata 63 kg ao vencer a Hilde Drexler.. Unha semana máis tarde caeu derrotada pola israelí Yarden Gerbi na final do Grand Slam de Bakú. e nos mundiais de Río de Xaneiro dese ano caeu derrotada en cuartos de final tamén pola israelí mais logrou disputar o combate pola medalla de bronce, porén caeu diante a francesa Gévrise Émane. Foi quinta no torneo de París en 2014 e logrou o título de subcampioa de Europa en Montpellier, batida pola francesa Clarisse Agbegnenou e co coa selección eslovena logrou tamén a medalla de bronce por equipos. Nos mundiais de Cheliabinsk de 2014 quedou eliminada por Yarden Gerbi en cuartos de final mais venceu nos dous combates de recuperación contra Martyna Tradjos e Anne-Laure Bellard e puido lograr unha medalla de bronce. Venceu tamén nos torneos de Zagreb e Abú Dhabi, e a fin de ano fíxose co torneo de Toquio logo de bater á italiana Edwige Gwend por un ipoon despois duns poucos segundos de loita. miniatura|Trstenjak, á dereita de azul, contra a alemá Martyna Trajdos na final dos Xogos Europeos de 2015. En 2015 fíxose cos torneos de Tiblisi, Zagreb e Budapest, e en xuño gañou unha medalla de prata nos Xogos Europeos tras perder na final con Martyna Tradjos.e mais tamén logrou o bronce por equipos. Nos mundiais de Astana venceu a Agbegnenou na final.e converteuse na primeira judoka eslovena en obter o título de campioa do mundo. En outubro gañou o torneo de París logo de bater na final á neerlandesa Juul Franssen. e no torneo de Toquio venceuna na final Martyna Trajdos. A final de 2015 era a número mundial da súa categoría.
2016: medalla de ouro olímpica miniatura|Trastenjak, no centro, con Vasilij Žbogard e Peter Kauzer, os outros dous medallistas olímpicos eslovenos de 2016 Trstenjak comezou o ano 2016 co quinto posto no torneo de París, vencida pola xaponesa Miku Tashiro na semifinal e a neerlandesa Anicka van Emden na loita pola medalla de bronce. pero no torneo Düsseldorf quedou primeira e no campionato europeo de Kazán en xuño impúxose á austríaca Kathrin Unterwurzacher..
Nos Xogos Olímpicos de 2016 de Río de Xaneiro venceu na semifinal á brasileira Mariana Silva.. Na final enfrontouse á francesa Clarisse Agbegnenou, e logrou impoñerse por inmobilización., a súa vitoria transformouna na segunda campioa olímpica de judo do seu país. e en decembro, malia cometer un erro nos cuartos de final e perder o combate, fíxose coa terceira praza no torneo de Toquio ao gañar os dous combates seguintes. Convertida en atleta eslovena do ano 2016 recibiu tamén o premio á judoka do ano 2016 do Comité Olímpico Esloveno polos seus logros e en 2017 recibiu o premio Bloudek ao mellor logro deportivo internacional.
2017 - En febreiro, competiu no Grand Slam de París e tras gañar todos os combates converteuse na gañadora do torneo. Na final, nunha repetición da final olímpica do ano anterior, enfrontouse coa francesa Clarisse Agbegnenou e derrotouna de novo cun ippon. . A finais de febreiro competiu no Gran Premio de Düsseldorf e esta vez logrou o terceiro posto cunha derrota e tres vitorias, a última contra a británica Lucy Renshaw na loita pola medalla de bronce. O 21 de abril gañou o campionato europeo, que se celebrou en Varsovia, por segunda vez consecutiva despois de derrotar na final á francesa Margaux Pinot
En agosto, competiu no Mundial de Budapest cunha perna lesionada e chegou de novo á final coa Clarisse Agbegnenou e desta vez foi a francesa a que se fixo coa vitoria mentres Trstenjakova quedaba coa prata. Tamén cómpre mencionar a competitiva loita de Tina en semifinais coa chinesa Junxia Yang, á que derrotou tras unha duro combate que se prolongou nove minutos, un tempo extraordinario en judo. En decembro logrou o terceiro posto no torneo de Toquio, repetindo así o logro do ano anterior, fíxoo emparellada con xogadoras locais nos dous últimos combates, para as semifinais perdeu contra Miku Tashiro e logo gañou a batalla polo bronce contra Masako Doi .
En setembro de 2018 competiu nos mundiais en Bakú, e levou unha medalla de bronce, a súa cuarta medalla dos campionatos do mundo. . Na última competición do ano, o 15 de decembro na China, impúxose na loita pola medalla de bronce tras derrotar á neerlandesa Juul Fransen.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Judokas olímpicos de Eslovenia Categoría:Nados en Celje Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Eslovenia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Eslovenia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos en judo