Andrés Barros Dacosta, nado en Sabarís (Santa Cristina da Ramallosa, Baiona) o 20 de febreiro de 1924 e finado en Vigo o 30 de outubro de 2008, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria

Fillo de Andrés Barros Arbones e Joaquina Dacosta Domínguez, estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director-xerente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO), xerente do Plan de Explotación Marisquera de Galicia, e un dos promotores da creación do Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (CECOPESCA).. Director da Revista Industria Conservera. En abril de 1979 participou da vida política da cidade de Vigo na lista da UCD. Malia ser a candidatura máis votada, saíu escollido alcalde Manoel Soto Ferreiro e Barros Dacosta converteuse en portavoz e xefe da oposición pola renuncia de Víctor Moro, cabeza de lista. Corporación Vigo 1979

Foi membro do comité executivo da World Fishing Exhibition celebrada en Vigo no 1985. Vida persoal Casou con María del Rosario Puga de la Peña, filla de Valentín Puga Franco, e tiveron cinco fillos.

Notas

Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1925 Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes