A Corredoura é un lugar da parroquia de Pesegueiro, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña cinco habitantes (dous homes e tres mulleres), oito menos ca en 1999. Patrimonio Neste barrio atópanse varios elementos patrimoniais. Ponte Nova da Corredoura: ponte construída sobre o río Furnia en 1783. Os seus autores foron o canteiro Juan Francisco de Novas Gayoso (de Pazos de Reis) e o mestre Andrés Orxe. Serradouro da Corredoura: pequena edificación usada para a transformación da madeira, actualmente en ruínas. Foi construído e usado durante a Idade Moderna e o século XIX. Muíño da Corredoura
Lugares e parroquias
Lugares de Pesegueiro
Parroquias de Tui
Notas
Categoría:Lugares de Tui