O Comité Olímpico do Brasil ou COB (en ) é a organización responsábel do deporte brasileiro e o deporte olímpico brasileiro. Foi creado oficialmente 8 de xuño de 1914, mais a primeira guerra mundial provocou que as súas actividades oficiais comezasen en 1935. Foi fundado na sede central da Federación Brasileira das Sociedades de Remo como unha iniciativa da Liga Metropolitana de Deportes Atléticos. O actual presidente do COB, dende o día 11 de outubro de 2017, é o judoca Paulo Wanderley Teixeira.

A sede do COB atópase na Barra da Tijuca, na cidade de Río de Xaneiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Brasil nos Xogos Olímpicos Ligazóns externas Páxina oficial

Brasil Categoría:Brasil nos Xogos Olímpicos