miniatura|300px|Mapamundi cos participantes na segunda guerra mundial. Os Aliados eran os estados opostos ás Potencias do Eixe durante a segunda guerra mundial.
Historia Datas nas que os estados se uniron ós aliados Trala invasión alemá de Polonia 15px Polonia: 1939 1 de setembro 15px Reino Unido: 1939 3 de setembro 15px Francia: 1939 3 de setembro 15px Australia: 1939 3 de setembro 15px Nova Zelandia: 1939 3 de setembro 15px Nepal: 1939 4 de setembro 15px Terra Nova: 1939 4 de setembro 15px Tonga: 1939 4 de setembro 15px Suráfrica: 1939 6 de setembro 15px Canadá: 1939 10 de setembro miniatura|300px|"Os tres grandes": Iosif Stalin, Franklin D. Roosevelt e Winston Churchill, na Conferencia de Teherán en 1943.
Tralo fin da "Guerra de Broma" 15px Dinamarca: 1940 9 de abril 15px Noruega: 1940 9 de abril 15px Bélxica: 1940 10 de maio 15px Luxemburgo: 1940 10 de maio 15px Países Baixos: 1940 10 de maio 15px Francia Libre: 1940 18 de xuño 15px Grecia: 1940 28 de outubro 15px Reino de Iugoslavia: 1941 6 de abril 15px Unión Soviética: 1941 22 de xuño 15px Tannu Tuva: 1941 25 de xuño
Tralo ataque a Pearl Harbor 15px Panamá: 1941 7 de decembro 15px Filipinas: 1941 7 de decembro 15px Costa Rica: 1941 8 de decembro 15px República Dominicana: 1941 8 de decembro 15px O Salvador: 1941 8 de decembro 15px Haití: 1941 8 de decembro Honduras: 1941 8 de decembro 15px Nicaragua: 1941 8 de decembro 15px Estados Unidos: 1941 8 de decembro 15px República da China: 1941 9 de decembro 15px Guatemala: 1941 9 de decembro 15px Cuba: 1941 9 de decembro 15px República de Corea (Goberno exiliado): 1941 9 de decembro 15px Checoslovaquia (Goberno exiliado) : 1941 16 de decembro border|23px México: 1942 22 de maio 15px Brasil: 1942 22 de agosto 15px Etiopía: 1942 14 de decembro 15px Iraq: 1943 17 de xaneiro 15px Bolivia: 1943 7 de abril 15px Irán: 1943 9 de setembro 15px Italia: 1943 13 de outubro (antigamente membro do Eixo) 15px Colombia: 1943 26 de novembro 15px Liberia: 1944 27 de xaneiro
Tralo Día-D 15px Romanía: 1944 25 de agosto, (antigamente membro do Eixo) 15px Bulgaria: 1944 8 de setembro, (antigamente membro do Eixo) 15px San Marino: 1944 21 de setembro 15px Albania: 1944 26 de outubro, (antigamente controlado polo Eixo) 15px Hungría: 1945 20 de xaneiro, (antigamente membro do Eixo) Bahawalpur: 1945 2 de febreiro 15px Ecuador: 1945 2 de febreiro 15px Paraguai: 1945 7 de febreiro 15px Perú: 1945 12 de febreiro 15px Uruguai: 1945 15 de febreiro 15px Venezuela: 1945 15 de febreiro 15px Turquía: 1945 23 de febreiro 15px Líbano: 1945 27 de febreiro 15px Arabia Saudita: 1945 marzo 15px Arxentina: 1945 27 de marzo 15px Chile: 1945 11 de abril 15px República Popular de Mongolia: 1945 9 de agosto
Alianzas formais durante a guerra Aliados orixinais Os aliados orixinais foron aqueles estados que lle declararon a guerra á Alemaña nazi trala súa invasión de Polonia en setembro de 1939. Francia Polonia Reino Unido Estes países estaban aliados entre eles por unha rede de pactos de defensa común e pactos de alianzas militares asinados antes da guerra. A Alianza Franco-Británica databa da Entente Cordiale de 1904 e a Tripla Entente de 1907, activadas durante a primeira guerra mundial. A Alianza Franco-Polaca fora asinada en 1921 e renovada en 1927 e 1939. O Pacto de Defensa Común Polaco-Británico asinado o 25 de agosto de 1939 establecía promesas de asistencia militar mutua entre os estados no caso de que algún deles fose atacado por Alemaña.
As colonias británicas, francesas e holandesas loitaron xunto ós países da metrópole, e moitos deles continuaron coa loita despois de que estes foran ocupados.
Polonia Polonia nunca se converteu en membro oficial do Terceiro Reich e o Goberno polaco no exilio despois de 1939 continuou coas contribucións polacas na segunda guerra mundial en varias frontes con centos de milleiros de membros do exército polaco en Francia e no Reino Unido, e co Armia Krajowa (exército do interior) na Polonia ocupada. A Unión Soviética, porén, non recoñeceu o Goberno e en 1943 organizou o exército popular polaco baixo o mando de Rokossovsky, arredor do cal foi construído o estado sucesor da posguerra da República Popular de Polonia en 1952.
A Comunidade Británica de Nacións Ademais do Reino Unido, varios membros independentes da Comunidade Británica de Nacións declararon a guerra a Alemaña por separado, algúns no mesmo día e outros pouco despois. Estes países foron: Canadá, Australia, Nova Zelandia, Terra Nova (que non foi parte do Canadá até 1949) e Suráfrica.
O Imperio Indio (a área da República da India, Paquistán e Bangladesh) e a maioría das colonias británicas arredor do mundo estaban controlados por Gran Bretaña e polo tanto comezaron coas hostilidades coa declaración de guerra británica. O Imperio Indio tivo 1.500.000 vítimas civís, máis que o Reino Unido. Tamén contribuíu con 2.500.000 militares e sufriu a perda de 87.000 homes, máis que calquera outro país da Commonwealth, agás Reino Unido.
O Grupo de Oslo O Grupo de Oslo era unha organización de países oficialmente neutrais. Catro membros xuntáronse máis adiante ós aliados, como gobernos no exilio: o Reino de Noruega, o Reino dos Países Baixos, o Reino de Bélxica e o Gran Ducado de Luxemburgo.
A República de Finlandia foi invadida pola USSR o 30 de novembro de 1939 . Máis tarde Finlandia e o Reino de Dinamarca uníronse formalmente ó Pacto Anti-Comintern do Eixo. O Reino de Suecia permaneceu oficialmente neutral. Seguindo ó armisticio de Moscova de setembro de 1944, Finlandia entrou de feito nos aliados e loitou contra as forzas alemás. Isto levou a unha serie de enfrontamentos chamados Guerra de Laponia.
Dinamarca foi invadida polos alemáns o 9 de abril de 1940. O Goberno danés non declarou a guerra e rendeuse o mesmo día, coa idea de que mantería control sobre os asuntos internos. Non se formou ningún Goberno no exilio. Os daneses loitaron a carón tanto dos aliados como das potencias do eixo. Islandia e Groenlandia, que estaban respectivamente unida con Dinamarca e sendo colonia danesa, foron ocupadas polos aliados durante a maioría da guerra. As forzas británicas tomaron o control de Islandia en 1940. As forzas dos Estados Unidos, malia seren oficialmente neutrais no momento, ocuparon Groenlandia o 9 de abril de 1941. Os EEUU tamén controlaron Islandia a partir do 7 de xullo de 1941. Islandia declarou a total independencia de Dinamarca en 1944, pero xamais declarou a guerra a ningún dos poderes do eixo.
Portugal A pesar de que Portugal permaneceu oficialmente neutral, a Alianza Anglo-Portuguesa foi recorrida na segunda guerra mundial para o establecemento dunha base aliada nas Illas Azores. Portugal protestou pola ocupación do Timor portugués polas forzas aliadas en 1942, pero non ofreceu resistencia activa. A colonia foi subsecuentemente ocupada polo Xapón, e os cidadáns portugueses e timorenses axudaron ós aliados a loitar contra o Xapón. Macau tamén foi ocupado polo Xapón.
Declaración das Nacións Unidas do 1 de xaneiro de 1942 Os 26 países asinantes foron os seguintes:Texto da declaración da ONU do 1 de xaneiro de 1942. (En inglés) Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte Estados Unidos República da China Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas Australia Bélxica Canadá Costa Rica Cuba República Checa (Eslovaquia estaba ocupada) República Dominicana O Salvador Grecia Guatemala Haití Honduras India británica Luxemburgo Países Baixos Nova Zelandia Nicaragua Noruega Panamá Polonia Suráfrica Iugoslavia
Durante a declaración de 1942 adheríronse México, Filipinas, e Etiopía; nos catro primeiros meses de 1943, adheríronse Iraq, Brasil, e Bolivia.
Comintern As seguintes forzas socialistas e prosoviéticas tamén combateron contra as Potencias do Eixo antes ou durante a segunda guerra mundial. Brigadas Internacionais Fronte Popular Exército de Liberación Nacional Albanés Exército Vermello Chinés Ethniko Apeleftherotiko Metopo Hukbalahap (Filipinas) Partido Comunista Malaio Mongolia Exército Popular Polaco URSS Viet Minh Partido Comunista de Iugoslavia
Unión Panamericana Os membros da Unión Panamericana, que eran todos neutrais entre 1939 e 1941, formaron un pacto de mutua defensa nunha conferencia de Ministros de Asuntos Exteriores na Habana, dende o 21 de xullo ó 30 de xullo de 1940. A Declaración de Asistencia Recíproca e Cooperación para a Defensa das Nacións das Américas foi parte da Acta Final da Segunda Reunión de Ministros de Asuntos Exteriores das Repúblicas Americanas na Habana, Cuba, 30 de xullo de 1940.Havana Meeting of Ministers of Foreign Affairs of the American Republics, July 21-30, 1940 Houbo 21 asinantes: Bolivia Brasil (25 de agosto de 1942) Colombia Costa Rica Cuba República Dominicana O Salvador Guatemala Haití Honduras México (1 de xuño de 1942) Nicaragua Panamá Estados Unidos En xullo de 1944, unha Forza Expedicionaria Brasileira de 25.000 membros uniuse ós aliados na Campaña de Italia. En 1945, o Escuadrón 201 da Forza Aérea Mexicana uniuse á U.S. Far East Air Force, durante a campaña de Filipinas. Os outros países deste grupo contribuíron con unidades de apoio ou pequenas forzas de combate.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Segunda guerra mundial
Ligazóns externas Alianzas A conferencia atlántica
Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Listas de países Categoría:Alianzas militares