Javier Alonso Salgueiro, nado en Chaín (Gondomar) o 20 de agosto de 1951 e finado en Vigo o 4 de outubro de 1989, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Entrou de aprendiz en Hijos de J. Barreras en 1968. Ingresou no PCE. Participou nas folgas de 1971. Foi condenado polo Tribunal de Orde Pública en 1972 por propaganda ilegal e manifestación non pacifica. Fixo o servizo militar en San Fernando e Ferrol. En 1973 foi trasladado á Prisión de Pontevedra como preso político. En xuño de 1976 foi readmitido en Barreras. Nese ano foi nomeado secretario do PCG de Val Miñor. Formou parte da Plataforma Veciñal Independente e foi elixido concelleiro de Gondomar nas primeiras eleccións democráticas. Morreu nun accidente laboral en 1989.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-10-1989, p. 72.

Recoñecementos

O Concello de Gondomar nomeouno Fillo predilecto o 1 de xullo de 1993.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Políticos do PCG Categoría:Concelleiros de Gondomar Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 1989

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes