Granada competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984, e participou en cada edición dos Xogos de Verán dende entón. Granada gañou a súa primeira medalla en 2012, un ouro en atletismo. O Comité Olímpico de Granada foi creado en 1984 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.
Granada nunca competiu nuns Xogos Olímpicos de Inverno. Despois de 28 anos participando nos Xogos de Verán, Granada gañou a súa primeira medalla nos Xogos de 2012 en Londres, cando Kirani James conseguiu un récord nacional de 43,94 o 6 de agosto de 2012 para gañar o ouro nos 400 metros lisos masculinos. Deste xeito converteuse no país máis pequeno da historia en gañar unha medalla de ouro nuns Xogos de Verán.
Nos Xogos Olímpicos de 2016, James gañou outra medalla, desta volta de prata, correndo cun tempo de 43,76 segundos. Como resultado, Granada converteuse no país máis eficiente dos Xogos de Río en canto a número de medallas conseguidas comparadas coa poboación do país.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Os Ánxeles 1984 1 0 0 0 0 - Seúl 1988 1 0 0 0 0 - Barcelona 1992 2 0 0 0 0 - Atlanta 1996 5 0 0 0 0 - Sydney 2000 3 0 0 0 0 - Atenas 2004 5 0 0 0 0 - Pequín 2008 9 0 0 0 0 - Londres 2012 10 1 0 0 1 50 Río de Xaneiro 2016 7 0 1 0 1 69 Toquio 2020 6 0 0 1 1 86 París 2024 6 0 0 2 2 80 Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 1 1 3 5 105
Medallas por deporte Xogos de Verán DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Atletismo 1 1 2 4 Total 1 1 3 5
Lista de medallistas Medalla Nome Xogos Deporte Evento Ouro Kirani James Londres 2012 25px Atletismo 400 metros lisos masculinos Prata Kirani James Río de Xaneiro 2016 25px Atletismo 400 metros lisos masculinos Bronce Kirani James Toquio 2020 25px Atletismo 400 metros lisos masculinos Bronce Lindon Victor París 2024 25px Atletismo Décatlon masculino Bronce Anderson Peters París 2024 25px Atletismo Xavelina masculino
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Granada nos Xogos Olímpicos