Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O xentilicio é trasmirao.

Xeografía O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos. A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada tralo desecamento da lagoa de Antela.

O concello está atravesado pola estrada N-525 e pola autovía A-52.

Historia A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.

Patrimonio Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.

En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.

En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.

Demografía

Censo total 1.456 (2014) Menores de 15 anos 84 (5,77 %) Entre 15 e 64 anos 751 (51,58 %) Maiores de 65 anos 621 (42,65 %)

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Trasmiras Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trasmiras vexa: Lugares de Trasmiras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web sobre a parroquia de Abavides en Trasmiras

Categoría:Trasmiras