Patricia Torrado Queiruga, nada no Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega.

Traxectoria É licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e fixo un mestrado en Museoloxía e Museos na Universidade de Alcalá. É experta en conservación e restauración do patrimonio ademais de activista cultural. Editora en Toxosoutos do 2016 a 2019. Colabora en La Voz de Galicia e Nós Diario. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala.

Foi concelleira do BNG no Porto do Son de 2019 a 2023. E vicerresponsable comarcal do BNG Muros-Noia de 2021 a 2024.

Nas eleccións autonómicas de 2020 foi a candidata número 9 na lista do BNG pola provincia da Coruña.

Obra

Poesía

Herdar a fala. 50 páxs. ISBN 978-84-124226-4-1 Bolboretario do confinamento. 147 páxs. ISBN 978-84-125553-5-6 Ouveos fractais (2024). ISBN 978-84-128434-4-6. Participan con ilustracións e fotos Diana Fajardo, Adolfina Mesa, Viki Rivadulla, Emma Pedreira, Andrea F. Maneiro e Paola García. Dedicado “a todas as mulleres sen voz e a todos os que ouvean canda elas”. Nakba (2026). Alvarellos. 180 páxs. ISBN 978-84-18567-91-9.

Infanto-xuvenil

Don Carlos e o misterio dos lucecús (2021). Baía Ed. 64 páxs. ISBN 978-84-9995-367-0. Ilustracións de Xan López Domínguez.

Libros colectivos

Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021). Alvarellos. A garza en chamas (2022). Alvarellos. Relatos premiados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía entre 2019 e 2021. Co relato "Silencios náufragos". Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria (2023). Alvarellos. Oito escritoras renden homenaxe a mulleres destacadas de Galicia etre 1916 e 1936. Historias de Barbantia. 17 relatos de autoras e autores do Barbanza (2024) Editorial Galaxia. Co relato "A coxa de Terranova".

Premios Segundo premio de microrrelatos semana sen fronteiras do Casino 1889 de Carballo en 2018 Primeiro premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do día do libro de Vilalba, 2019 con Da estirpe ágrafa. Primeiro premio Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2020, por Silencios náufragos. Accésit no XXV Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, 2020 co relato Roxanne.Fallo do Certamen literario Manuel Oreste Rodríguez López Segundo premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do Día do Libro de Vilalba, 2020 con Confin(arte). Primeiro Premio do III Certame de poesía Torre de Caldaloba, 2020, con Herdar a fala Terceiro premio de poesía no XXII Certame Literario Concello de Ames, 2025, con Dendrocronoloxía do adeus. 2025: LI Certame Literario do Concello de Vilalba, con Nakba.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Festexos taurinos en Porto do Son en La Voz de Galicia Curación literaria en La Voz de Galicia Casados e velados en La Voz de Galicia Fin de curso en La Voz de Galicia O veo dos recordos en La Voz de Galicia De obxectos e outros seres en La Voz de Galicia Asociacionismo agrario en Nebra en La Voz de Galicia A muller nos sindicatos agrarios sonenses en La Voz de Galicia Ánxela Franco, patrimonio inconmensurable en La Voz de Galicia Ánxela Franco, irrenunciable e incomparable en Nós Diario. As e Os=? en Café Barbantia O vello oficio de parteira en Café Barbantia Museos: consideracións xerais e análise de casos concretos en Barbantia. Anuarios de estudos do Barbanza (páxina 187).

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1987 Categoría:Políticos do BNG