O Comité Olímpico Angolano é o Comité Olímpico Nacional que representa a Angola nos Xogos Olímpicos. Foi creado o 17 de febreiro de 1979 e foi recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en febreiro de 1980.

Historia O comité foi fundado o 17 de febreiro de 1979, e foi recoñecido provisionalmente pola Mesa Executiva do COI en Nagoia, no Xapón, en outubro de 1979. Este recoñecemento foi confirmado na 82.ª Sesión do COI en Lake Placid en febreiro de 1980.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Angola nos Xogos Olímpicos Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Angola nos Xogos Olímpicos Angola