Whole New Mess é o quinto álbum de estudio da cantautora estadounidense Angel Olsen, publicado o 28 de agosto de 2020 a través do selo Jagjaguwar. Gravado por Olsen e o enxeñeiro Michael Harris nunha igrexa convertida en estudio, o disco contén temas do seu traballo de 2019 All Mirrors con arranxos máis intimistas.
Gravación Whole New Mess gravouse en dez días no mes de outubro de 2018 co enxeñeiro Michael Harris. A parella traballou illada na cidade de Anacortes, Washington, gravando nunha igrexa católica reconvertida. Olsen usaría os corredores da igrexa para crear un efecto eco natural para as súas voces.
O álbum gravouse antes do álbum de 2019, All Mirrors, que contén moitas das cancións dun xeito distinto: "Cando o fixemos [Whole New Mess], eu estaba aínda procesando moitas das cancións, polo que para min é máis difícil escoitar este disco que escoitar All Mirrors. Cando gravei All Mirrors estaba involucradas outras persoas, o que fixo separarme dos temas. Podería meterme neles dun xeito distante. En Whole New Mess sinto todas as sensacións que evocan".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Angel Olsen Categoría:Álbums musicais de 2020 Categoría:Álbums de Jagjaguwar