King's Mouth: Music and Songs é o décimo quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental The Flaming Lips, publicado inicialmente o 13 de abril de 2019 (no Record Store Day) como unha edición limitada de 4 000 copias, e comercialmente o 19 de xullo de 2019 a través dos selos Warner Bros. Records e Bella Union.

King's Mouth é un álbum conceptual concibido como a banda sonora dunha exposición de arte do mesmo nome do líder Wayne Coyne, inaugurada en 2017. O álbum conta con Mick Jones de The Clash que narra varios temas.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Flaming Lips Categoría:Álbums musicais de 2019 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records Categoría:Álbums de Bella Union