Carlos Ismael Noriega, nado en Lima (Perú) o 8 de outubro de 1959, é un astronauta peruano nacionalizado estadounidense que formou parte das misións STS-84 e STS-97.
Traxectoria Noriega graduouse en ciencias da computación na Universidade do Sur de California en 1981. É máster en ciencias da computación e en operación de sistemas espaciais pola Escola Naval de Posgraduados en 1990.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-84 e STS-97 e pasando un total de 20,05 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-84 STS-97
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Astronautas do Perú Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Lima