A Volta dos Nove é a denominación dada a unha curva da parroquia de Baredo (Baiona), ao pé da estrada Baiona-A Guarda (actual PO-552), con motivo da represión franquista.

Historia

O 16 de outubro de 1936 foron fusiladas nove persoas do Val Miñor. As persoas represaliadas foron Modesto Fernández Rodríguez, Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso, Manuel Francisco Lijó Pérez, Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González, Manuel Barbosa Durán e Generoso Valverde Iglesias.

A memoria dos asasinatos permaneceu viva polas cruces que se gravaban anonimamente, de forma continuada e clandestina, e, 78 anos despois, filmouse un documental sobre a represión e a capacidade de resistencia colectiva A volta dos nove, documental de Antonio Caneiro (2014).

Notas

Categoría:Baiona

Categoría:Guerra civil española en Galicia Categoría:Baiona sen imaxes Categoría:1936 en Galicia