Susana Ladra González, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha enxeñeira informática, profesora e investigadora na Universidade da Coruña. En 2020 foi galardoada co IV Premio Ada Byron Xove da Universidade de Deusto. Traxectoria Susana Ladra estudou enxeñería informática na Universidade da Coruña e matemáticas na UNED. É doutora en Informática pola Universidade da Coruña onde ocupa os cargos de Directora do Campus Innova da UDC e é vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Tamén é coordinadora do programa STEMbach na UDC, que ten como fin de promover a vocación do alumnado cara á investigación científica.

Susana é experta en algoritmos para mellorar as buscas de información en Internet. As súas liñas de investigación desenvólvense na contorna da compresión de datos, a análise de algoritmos e estruturas de datos para bioinformática, bases de datos, minería de datos e recuperación de información. Lidera o proyecto BIRDS financiado pola acción Marie Sklodowska-Curie do programa europeo Horizonte 2020.

Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres na enxeñería e pertence o nodo galego da asociación AMIT.

Recoñecementos

Premio á mellor tese doutoral no campo da Recuperación da Información. Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia en 2013. Premio Ada Byron joven da Universidade de Deusto en 2020. Forma parte do documental Marxe de erro en 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo Susana Ladra #CorazóndeInvestigadora

Categoría:Nados en Santiago de Compostela

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros informáticos