A economía da Bélxica está beneficiada por unha localización xeográfica central, unha rede de transporte moi desenvolvida e unha base industrial e comercial diversificada. A industria está concentrada principalmente na rexión de Flandres, ao norte.

Con poucos recursos naturais, o país importa grandes cantidades de materias primas e exporta principalmente manufacturados. O resultado é unha economía fortemente dependente dos mercados mundiais. Unhas tres cuartas partes de seu comercio se fan con outros países da Unión Europea.

A débeda pública do país representa un 90 % do seu produto interno bruto. En 2009 a súa economía contraeu un 3,4 %, o desemprego creceu lixeiramente e o déficit público aumentou debido ós problemas a grande escala do sector financeiro.

Moeda

A súa moeda anterior era o franco belga. Dende o 1 de xaneiro de 2002 é o euro.

Datos macroeconómicos (2002)

PIB (produto interior bruto)

259.000 millóns de dólares dos EEUU (convertidos segundo paridade do poder de compra). Ano 2000. 281.844 millóns de euros (tipo conversión: 1 dólar = 1,0882 EUR o 30/01/01).

PIB per cápita

25.300 dólares dos EEUU (convertidos segundo paridade do poder de compra). Ano 2000. 27.531,46 EUR (tipo de conversión: 1 dólar = 1,0882 EUR o 30/01/01).

Distribución do PIB por sectores

Agricultura: 1,4 %. Industria: 26 %. Servizos: 72,6 %.

(Estimacións de 2000).

Crecemento do PIB estimado

4,1 % (estimación de 2000).

Taxa de inflación

2,2 % (estimación de 2000).

Débeda externa

28.300 millóns de dólares dos EEUU (estimación de 1999). 30.796 millóns de EUR (tipo de conversión: 1 dólar = 1,0882 EUR o 30/01/01).

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Casa da Moeda Real de Bélxica