Dana Elaine Owens, nada en Newark, o 18 de marzo de 1970, é unha cantante, rapeira e actriz estadounidense, coñecida como Queen Latifah. O seu traballo na música, na televisión e no cinema outorgoulle un Grammy, unha candidatura aos Emmy e unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria.

Traxectoria Primeiros anos Dana Elaine Owens naceu en Newark, Nova Jersey, en 1970 e viviu principalmente en East Orange. É a filla de Rita Lamae (de solteira Bray), profesora no Irvington High School (onde estudou Latifah), e de Lancelot Amos Owens, oficial de policía.On Da Come Up with Clap Cognac de HipHopRuckus.com, 24 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de xuño de 2009.

Owens asistiu ao Essex Catholic Girls' High School en Irvington, mais graduouse en Irvington High School. Os pais de Latifah divorciáronse cando ela tiña dez anos.Afirmado nunha entrevista en Inside the Actors Studio, 2006 Latifah foi criada na fe baptista.Queen Latifah Discusses God, Jesus, Rap, and Her New Movie, 'Last Holiday,' in this Beliefnet Interview – . Beliefnet.com. Consultado o 1 de outubro de 2011. Atopou o seu nome artístico, Latifah ( laţīfa), que significa "delicada" e "moi amable" en árabe, nun libro de nomes árabes cando tiña oito anos. Sempre alta, formou parte do equipo de baloncesto do instituto.. People. Consultado o 1 de outubro de 2011. Interpretou o número "Home" do musical The Wiz nunha obra escolar.[interview on Access Hollywood Live]. Consultado o 6 de outubro de 2016. Despois do instituto, Queen Latifah asistiu a clases no Borough of Manhattan Community College.

Carreira musical Latifah iniciou a súa carreira musical como membro de Flavor Unit, (selo discográfico que actualmente lle pertence) que, naquel momento, eran un grupo de intérpretes que se reunían arredor do produtor DJ Mark the 45 King. Tamén foi membro de Nation of Gods and Earths e de Faradian Islam, formada polos musulmáns afroamericanos. Despois de lograr o éxito, DJ Mark the 45 King comezou a abusar das drogas, e Latifah saíu do equipo, formando a súa propia empresa de management con axuda de Jake Abrams. Latifah comezou a súa carreira facendo o beatboxing ao grupo de rap Ladies First. En 1988, DJ Mark the 45 King ouviu unha demo dun sinxelo de Latifah ("Princess of the Posse") e deulla a Fab Five Freddy, que era o produtor de Yo! MTV Raps. Freddy axudou a Latifah a asinar con Tommy Boy Records, que produciu o seu primeiro álbum, All Hail the Queen, en 1989, cando tiña 19 anos. No mesmo ano, cantou como convidada para a gravación no Reino Unido do disco en vivo 1989—The Hustlers Convention (Live). O seu debut tivo éxito comercial e por parte da crítica, e seguírono os álbums Nature of a Sista e Black Reign, conseguindo un Grammy polo seu sinxelo, "U.N.I.T.Y." En 1998, realizou o seu cuarto álbum de hip hop, Order in the Court. En 2004 cambiou o seu rexistro publicando un disco onde fusionaba o soul e o jazz, The Dana Owens Album.

O 11 de xullo de 2007, debutou en Hollywood Bowl nos Ánxeles cunha actuación nun concerto de jazz ante un público de 12400 persoas, apoiada por unha orquestra de dez instrumentos e tres vocalistas, chamada The Queen Latifah Orchestra. No concerto, interpretou novas versións de clásicos como "California Dreaming" de The Mamas & the Papas.

Carreira interpretativa miniatura|Queen no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2008. Desde 1993 a 1998, tivo un papel protagonista en Living Single, unha sitcom da Fox; onde interpretou parte da banda sonora. En 1991 debutou no cinema con papeis secundarios en filmes como House Party 2, Juice e Jungle Fever.

Interpretou a Cleopatra "Cleo" Sims, unha delincuente lesbiana no éxito de público, Set It Off, xunto a Jada Pinkett e Vivica A. Fox e, outro papel no filme de Holly Hunter Living Out Loud (1998) ano en que tamén apareceu no filme Mama Flora's family. Posteriormente, fixo o papel de Thelma na adaptación ao cinema da novela de Jeffrey Deavers O coleccionista de ósos xunto a Denzel Washington e Angelina Jolie. Aínda que recibiu boas críticas polo seu traballo, aumentou o éxito e o respecto da industria co papel de Matron "Mama" Morton, no musical Chicago. Latifah recibiu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria por este papel. En 2003 coprotagonizou con Steve Martin o filme Montouse a gorda!, que foi un éxito comercial. Dende entón, realizou multitude de papeis con variados resultados de público e crítica, incluídos Scary Movie 3, Barbershop 2: Back in Business, Taxi, Kung Faux, e Beauty Shop.

A finais de 2006 participou na traxicomedia Last Holiday. O crítico de cine Richard Roeper declarou que "é o que esperaba de Queen Latifah dende os seus primeiros traballos". Tamén por esas datas, deu voz a Ellie, un amigable mamut no filme de animación, Ice Age: The Meltdown. Tamén apareceu no drama Stranger the Fiction, e no remake Hairspray, interpretando a Motormouth Maybelle xunto a John Travolta. Tamén protagonizou unha versión televisiva de Steel Magnolias e un terceiro proxecto en que sorprendeu ao público Joyful Noise filme en que compartiu pantalla con Dolly Parton.

Outros traballos esquerda|miniatura|Queen na presentación inaugural do presidente Barack Obama. Latifah é a imaxe da compañía de cosméticos Cover Girl, de roupa interior Curvation Ladies Underwear, e Pizza Hut. Deseñou a súa propia liña de cosméticos para mulleres de cor chamada Queen Collection e protagonizou numerosos anuncios para a marca. Tivo o seu propio programa de confesións, The Queen Latifah Show, dende 1999 a 2001. En 2012 lanzou a súa liña de roupa "Queen Collection" con deseños exclusivos creados por ela mesma, e a súa liña de fragrancias "Queen" e "Queen of Hearts" dispoñibles no mercado dende anos anteriores.

Vida privada Queen é de ascendencia afroamericana e indioamericana. O irmán máis vello de Latifah, Lance, morreu nun accidente cunha moto que ela lle regalara. Latifah levou a chave da moto arredor do pescozo durante anos, como se observa claramente no videoclip musical da súa canción "U.N.I.T.Y". Tamén lle dedicou o seu tema Black Reign. En 1993, Latifah foi vítima dun asalto ao seu coche, co resultado dun disparo a un amigo seu que ía no asento do copiloto."Two Teen-Agers Arrested in Carjacking Involving Rap Star", The New York Times, 18 de xullo de 1995. Consultado o 1 de setembro de 2013. En 1996, foi arrestada por posesión dunha pequena cantidade de marihuana e unha pistola cargada, tendo como resultado unha multa e liberdade condicional durante dous anos.

Na súa autobiografía, Ladies First: Revelations of a Strong Woman (1999), Latifah explicou como a morte do seu irmán a levara a unha forte depresión e ao consumo de drogas, do que se rehabilitou.

Debido ao seu papel de lesbiana en Set It Off e o seu gran sentido da privacidade, varios tabloides discutiron sobre a súa orientación sexual. Latifah respondeu aos rumores na súa autobiografía "É un insulto que alguén che diga Es gai? Non sería unha muller forte e independente se isto me afectase". Queen Latifah avoga polo matrimonio entre persoas do mesmo sexo e os dereitos do colectivo LGBT.

A finais de 2003, Latifah realizouse unha redución de peito debido a que o seu tamaño e peso lle provocaban dores no lombo. Practica kickboxing.

En xuño de 2009 confesou que sufrira abusos sexuais de nena.Yahoo entretenimiento "Jamás se lo dije a nadie" - actualizado xuño de 2009

En agosto de 2010 foi fotografada cunha suposta noiva (Jeannete Jenkings) mentres estaba de vacacións. Finalmente en 2012 confirmou a súa homosexualidade.Famosos que salieron del closet /22843

Discografía All Hail the Queen (1989) Nature of a Sista' (1991) Black Reign (1993) Order in the Court (1998) The Dana Owens Album (2004) Trav'lin' Light (2007) Persona (2009)

Filmografía Ano Filme Papel Notas1991Jungle FeverCamareira1991House Party 2Zora1992JuiceRuffhouse M.C.1993Who's the Man?Ela mesmaCameo1993My LifeTheresa1996Set It OffCleopatra 'Cleo' Sims1997HoodlumSulie1998Living Out LoudLiz Bailey1998SphereAlice "Teeny" Fletcher1999O coleccionista de ósosThelma1999Bringing Out the DeadDispatcher Love2002ChicagoMatron "Mama" Morton2002Brown SugarFrancine2002Cha-Cha2003Scary Movie 3Aunt Shaneequa/The Oracle2003Bringing Down the HouseCharlene MortonProdutora 2004TaxiBelle2004Security GuardTamén produtora2004Barbershop 2: Back in BusinessGina Norris2005Beauty ShopGina NorrisProdutora2006Stranger than FictionPenny Escher2006Ice Age: The MeltdownEllieVoz2006Last HolidayGeorgia Byrd2007HairsprayMotormouth Maybelle2007Mrs. ChristmasProdutora2008Mad MoneyNina Brewster2008What Happens in Vegas...Dr. Twitchell2008August Boatwright2009Ice Age: Dawn of the DinosaursEllieVoz2010Historias do San ValentínPaula Thomas2010Just WrightLeslie WrightProdutora2011Susan Warner2012Ice Age: Continental DriftEllie e unha sereaVoz2012Joyful NoiseVi Rose Hill2013House of BodiesNicoleProdutora executiva201422 Jump StreetMrs. Dickson 2016 Miracles from HeavenAngela 2016 Ice Age: Collision CourseEllieVoz 2017 Girls TripSasha Franklin TBD Hustle

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey Categoría:Nados en 1970 Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Nova Jersey Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Rapeiros dos Estados Unidos de América