O Conceyu Nacionalista Astur ou CNA foi o primeiro partido nacionalista de Asturias. Fundouse en 1976 por iniciativa dun grupo de xente nova que reclamaba para Asturias o recoñecemento nacional por parte do estado español e a realización da revolución socialista. Ánxelo Zapico era o seu secretario xeral, entre outros contaba con xente como Xosé Lluis Carmona, Dubardu Puente e David Rivas. Algúns dos seus militantes foron detidos acusados de colaborar con ETA, unha acusación que o partido negou.Burgos, E. (2009). Historias Heterodoxas. Jugando con fuego. La Nueva España. Algúns dos seus membros cumpriron cadea por estas acusacións.Otra presunta terrorista, detenida en Oviedo, hemeroteca.abc.es, 1980-03-26
CNA disolveuse en 1981 e os seus militantes acabaron por entrar en diferentes organización da esquerda nacionalista como o Ensame Nacionalista Astur.
Eleccións Eleccións xerais 1979: 3.049 votos (0.57%)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Miguel Ángel González Muñíz; Los partidos políticos de Asturias. 1982 (pages 59–62) Patrick W. Zimmerman; Faer Asturies. La política llingüística y la construcción frustrada del nacionalismu asturianu (1974-1999). Editorial Trabe, 2012.
Categoría:Partidos políticos de Asturias Categoría:Nacionalismo asturiano