María Elena Vázquez Cendón, nada en Ourense o 2 de marzo de 1966, é unha matemática e profesora galega.
Traxectoria Estudou o Bacharelato no Instituto das Lagoas. Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora pola mesma universidade coa tese Estudio de esquemas descentrados para su aplicación a las leyes de conservación con términos fuente 1994, dirixida por Dr. Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela.
É profesora no grao de Enxeñaría Informática na ETSE e no mestrado en Matemática Industrial na Facultade de Matemáticas. Foi vicerreitora da USC,La Voz de Galicia, Santiago, 2-5-2016, p. l8. e é decana da Facultade de Matemáticas dende 2017. É membro do Consello da Cultura Galega.
É autora de numerosos artigos en revistas especializadas de matemáticas e computación.
Forma parte do grupo de investigación en Enxeñaría Matemáticas: problemas relativos ás ecuacións das augas superficiais, ecuacións de Navier- Stokes, ecuacións de Euler. Liderou tres proxectos de investigación, formou parte dos comités científicos organizadores de actividades de investigación, coordinou o Congreso internacional Numerical Methods for Hyperbolic Equations: Theory and Applications. Como investigadora está vinculada ao Centro de Investigación en Tecnoloxía Matemática de Galicia, preside a Comisión de Mulleres e Matemáticas do Comité Español de Matemáticas (CEMAT) e forma parte da Sociedade Española de Matemática Aplicada e da Asociación Galega de Investigadores da auga (AGAIA).
Obra
Estudio de esquemas descentrados para su aplicación a las leyes de conservación hiperbólicas con términos fuente (1994). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-181-8. As mulleres no sistema educativo de Galicia: situación actual (2007). Con Isabel Diz Otero, Marta Irene Lois González e Alba Alonso. Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria. Introducción al método de volúmenes finitos (2008). Servizo de Publicacións: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9887-031-2.
Premios e distincións
2022 : Premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas. 2025: nomeada académica de número da Real Academia de Ciencias de España.
Notas
Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes