miniatura|Mapa das universidades da Ivy League.
miniatura|dereita|Bandeiras dos membros da Ivy League no Wien Stadium de Columbia. A Ivy League ("Liga da Hedra"), tamén coñecida como The Ancient Eight ("As Oito Antigas") é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprende oito universidades privadas do nordés do país. A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica, selección nas admisións e elitismo social. Os seus membros por orde alfabética son Universidade Brown, Universidade Columbia, Universidade Cornell, Dartmouth College, Universidade Harvard, Universidade de Pensilvania, Universidade Princeton e Universidade Yale.
Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954. Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial, polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana. As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary, son institucións públicas.
Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo. Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras. U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001. Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report, tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).
Membros InstituciónLugarAlcume deportivoFundaciónAfiliación na fundaciónUniversidade BrownProvidence, Rhode IslandBears1764 como College in the English Colony of Rhode Island and Providence PlantationsBaptista, a carta de fundación promete "tests non relixiosos" e "total liberdade de conciencia"Páxina web de Brown Universidade ColumbiaNova YorkLions1754 como King's CollegeIgrexa de InglaterraUniversidade CornellIthaca, Nova YorkBig Red1865Non sectariaDartmouth CollegeHanover, Nova HampshireBig Green1769Calvinista (Congregacionalista)Universidade HarvardCambridge, MassachusettsCrimson1636 como New CollegeNon sectaria, fundada por calvinistas congregacionalistasUniversidade de PensilvaniaFiladelfia, PensilvaniaQuakers1740 como escola de caridade sen nome Non sectaria, fundada por membros da Igrexa de Inglaterra e metodistasUniversidade de PrincetonPrinceton, Nova JerseyTigers1746 como College of New JerseyNon sectaria, fundada por calvinistas presbiterianosUniversidade YaleNew Haven, ConnecticutBulldogs1701 como Collegiate SchoolCalvinista (Congregacionalista)
Galería
Notas
Véxase tamén
Public Ivy
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Universidades dos Estados Unidos de América Categoría:Deporte nos Estados Unidos de América