Amador Rey Rodríguez, nado en Trasancos (Narón) en 1933 e finado en Ferrol o 10 de marzo de 1972, foi un dos dous traballadores mortos nos sucesos do 10 de marzo de 1972.

Traxectoria

Traballador da Empresa Nacional Bazán. Logo do despedimento de dous líderes sindicais, Rafael Pillado e Julio Aneiros, o 10 de marzo de 1972 a Bazán pechou. Os traballadores protestaron nunha manifestación en que participaron os despedidos xunto co cadro de persoal de Bazán e os líderes sindicais Manuel Amor Deus e José María Riobó, entre outros.

Os enfrontamentos de obreiros e forzas da orde terminaron coa morte por disparos da policía de Amador Rey e Daniel Niebla. Malia a represión, máis de 15 000 traballadores dos estaleiros e doutras empresas industriais de Vigo mobilizáronse en setembro e declararon unha folga xeral de dúas semanas. A esta seguíronos novos despedimentos masivos. Desta volta, Comisións Obreiras e outros movementos sindicais fóra do aparato franquista mostraron a súa capacidade de resposta e organización.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Día da Clase Obreira Galega

Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes