A lingua kali'na é unha lingua da familia caribe falada polo pobo kali'na de América do Sur. É falada por arredor de 7 400 persoas que viven maioritariamente en Venezuela, Güiana, Suriname, Güiana Francesa e o Brasil. O kali'na está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Nomes da lingua A lingua é coñecida por diferentes nomes tanto polos seus falantes como por outros colectivos. Tradicionalmente foi a lingua foi chamada "Carib" ou "Carib proper" en inglés, e os seus falantes "Caribs" en inglés. É coñecida como caribe en castelán, galina en francés e karaïeb en neerlandés. Porén, os seus falantes chámanse a si mesmos kalina ou karìna (con diferentes escritas), e chaman á súa lingua Karìna auran . Outras variantes inclúen kali'na, kari'nja, cariña, kariña, kalihna, kalinya; ou maraworno e marworno.

Clasificación O kari'na está clasificada como unha lingua caribe, da póla continental da Güiana.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ka'lina (Carib) Vocabulary List (from the World Loanword Database) Surinamese Carib - English Online Dictionary Audio resources from the MPI-PL archive for linguistic resources, which origin from data collected by dr. Berend Hoff in the period 1955-1965

Categoría:Linguas caribes Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Linguas de Suriname Categoría:Linguas de Güiana Categoría:Linguas da Güiana Francesa