Os outros feirantes é unha serie de televisión producida pola TVG en 1989, baixo a dirección de Antón Dobao rodáronse 6 capítulos de 30 minutos de duración cada un baseados na obra homónima de Álvaro Cunqueiro. Entre os actores que participaron na serie estiveron Tuto Vázquez, Ernesto Chao, Xosé Manuel Olveira "Pico", José Ángel Egido, Roberto Vidal Bolaño e Margarita Fernández López.
Capítulos Padín de Carracedo. Con: Xosé Manuel Olveira "Pico", Ernesto Chao. O verdugo. Título do conto de Álvaro Cunqueiro: O verdugo na Cañiza. Con: Alfredo Landa, Ángel Mora, Tuto Vázquez. A orella dereita de Antón de Leivas. Con: Santiago Ramos, Carmen Carpinteros, Serxio Pazos. Roque das Goás. Con: Andrés Pajares, Manolo Lourenzo, Susana Dans, Tuto Vázquez. Tristán García. Con: Gabino Diego, Ernesto Chao, Vicente Montoto. Hermelina da Ponte. Con: Rossy de Palma, Teresa Morán.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha no soportal do audiovisual galego.
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 1989 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega