John Daniel "Danny" Olivas, nado en Hollywood Norte o 25 de maio de 1965, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-117 e STS-128.

Traxectoria Olivas graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade de Texas-El Paso e é máster na mesma materia pola Universidade de Houston. Ten un doutoramento en enxeñaría mecánica e ciencia de materiais pola Universidade Rice.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1998, participando nas misións STS-117 e STS-128, pasando un total de 27,71 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-117 STS-128

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en California Categoría:Alumnos da Universidade de Texas-El Paso Categoría:Alumnos da Universidade de Houston