Dan Peters, nado o 18 de agosto de 1967 é o batería da banda de grunge estadounidense Mudhoney.

Uniuse a Bundle of Hiss cando só tiña quince anos. Tocou tamén a batería con Nirvana, aparecendo no sinxelo Sliver. Peters só fixo unha actuación en directo con Nirvana, foi o 22 de setembro de 1990 no Motorsports Int Garage, en Seattle. Peters continuou tocando en Mudhoney, mentres que en Nirvana foi substituído por Dave Grohl. Tamén tocou a batería na banda Screaming Trees entre 1990 a 1991.

Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa