Arques-la-Bataille é unha comuna do departamento de Seine-Maritime, na rexión de Normandía, no noroeste de Francia.
Xeografía Arques está situada cerca da confluencia dos ríos Eaulne, Verenne e Béthune, a 6 km ao sueste de Dieppe.
A unha altitude de entre os 2 e os 129 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 14,69 km2.
Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2017, tiña unha poboación de 2 583 habitantes,Populations légales 2017. Commune d'Arques-la-Bataille. INSEE. polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 180 hab./km2. miniatura|250px|Vista aérea de Arques-la-Bataille
Demografía
Historia O centro da vila alberga un castelo que foi construído no século XI por Guillerme de Talou; o seu sobriño, Guillerme o Conquistador, considerándoo como unha ameaza para o seu poder, sitiouno e ocupouno. Tras cambiar de mans con frecuencia, pasou aopoder dos ingleses, que foron expulsados en 1449 tras unha ocupación de trinta anos. En 1589 o seu canón decidiu a batalla de Arques a favor do rei Henrique IV de Francia.Chisholm, Hugh, ed. (1911): "Arques-la-Bataille". Encyclopædia Britannica. 2 (11ª ed.). Cambridge University Press. p. 642.
Desde 1869 o castelo é propiedade estatal. A primeira liña de fortificación foi obra de Francisco I; a segunda liña e a torre remóntanse ao século XI.
A igresxa de Arques, edificio do século XVI, conserva unha parede de pedra, estatuas, vidreiras e outros restos do Renacemento.
Xusto nas aforas da cidade encóntrase o cemiterio da Commonwealth War Graves Commission da primeira guerra mundial, deseñado por J. R. Truelove, lugar onde repousan os cadáveres de 377 homes do South African Native Labour Corps.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial de Arques-la-Bataille . Galería de fotos de Arques The CWGC cemetery Historia detallada do castelo con fotos e ilustracións
Categoría:Concellos do departamento de Sena Marítimo