Kenneth Jonsson, nado en 1950 en Filipstad, no condado de Värmland, é un arqueólogo e numismático sueco especializado na época medieval."Jonsson, Kenneth". En Coins Weekly. 25 de outubro de 2017."Kenneth Jonsson. Professor emeritus". Stockholm University.
Traxectoria Logo da súa graduación na Universidade de Lund en 1973, Kenneth Jonsson acadou o seu doutoramento en 1987 baixo a dirección de Brita Malmer na Universidade de Estocolmo, coa tese titulada The new era: the reformation of the late Anglo-Saxon coinage, na que aborda a reforma monetaria de Inglaterra ca. 973.
Entre 1988 e 1992 traballou como asistente de investigación no Consello de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais (Humanistisk-samhällsvetenskapliga forskningsrådet).
Posteriormente traballou no Gabinete Real de Moedas de Estocolmo e na compañía de poxas numismáticas Ahlström.Carlsson, P-G. (2009). "Den svenska myntmarknadens utveckling 1999-2009: Den Ahlströmska mynthandelsepoken". En Samlad Glädje 2009 . Numismatiska Klubben i Uppsala. Páxina 37.
A súa docencia na Universidade de Estocolmo comezou en 1990 como profesor asociado, e en 1992 accedeu ao posto de profesor titular de Numismática e Historia Monetaria nesa universidade. Alí sucedeu a Brita Malmer como titular da cátedra Gunnar Ekström de Numismática e Historia Monetaria. Esta cátedra, está adscrita ao Instituto de Arqueoloxía, co patrocinio da Fundación Gunnar Ekström para a Investigación Numismática (Gunnar Ekströms stiftelse för numismatisk forskning), baixo a denominación de Instituto Numismático de Estocolmo.
O seu principal foco de investigación constitúeo a historia das moedas e do diñeiro no norte de Europa na Idade Media.
Kenneth Jonsson é membro da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades desde 2001.Malmer, B. (2001). "Kenneth Jonsson invald i Vitterhetsakademien". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 4. Svenska Numismatiska Föreiningen. Páxina 98.
Desde 2003, Jonsson é o editor da revista en Internet Myntstudier."Tidskriften Myntstudier". Sitio web da revista.
Recoñecementos (1987): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen)."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen. (1998): Medalla Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia."Gunnar Holsts pris år 1998". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Febreiro de 1999. Páxina 21.
Publicacións Ademais dun bo número de artigos en revistas numismáticas, Jonsson é autor de varios traballos monográficos. Esta é unha escolma dos máis representativos:"Kenneth Jonsson. Bibliografi ". Stockholm University.
(1980). Sveriges besittningsmynt (con B. Ahlström e Y. Almer). Estocolmo. (1986). Fyndet i chiffonjen (con B. Hårdh). Lund. (1987). The New Era. The Reformation of the Late Anglo-Saxon Coinage. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 91-7192-709-3 (1987). Viking-Age Hoards and Late Anglo-Saxon Coins. Estocolmo. ISBN 91-7260-638-X (1990). Studies in Late Anglo-Saxon Coinage (ed. con B. Malmer). Svenska Numismatiska Föreningen, Estocolmo. ISBN 91-85204-10-2 (1991). Priskatalog over Norges mynter fra 995 (con J. O. Aamlid e B. Ahlström). Estocolmo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "Jonsson, Kenneth". En Coins Weekly. 25 de outubro de 2017. Talvio, Tuukka. (2015). Myntstudier. Festskrift till Kenneth Jonsson ["Estudos de moedas. Libro nomenaxe a Kenneth Jonsson"]. Svenska Numismatiska Föreningen, Estocolmo. ISBN 9789197942720
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados no condado de Värmland Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Arqueólogos de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Alumnos da Universidade de Lund Categoría:Profesores da Universidade de Estocolmo Categoría:Personalidades sen imaxes