O castelán peruano é o nome co que se coñece a un conxunto de variedades do castelán falado no Perú. O castelán é falado no país dende a invasión dos conquistadores españois en 1532. Existen catro variedades principais faladas no país, o castelán andino, o castelán costeiro peruano, o castelán andino-costeiro e o castelán amazónico.

Historia A lingua castelá chegou ao Perú coa conquista en 1532 nos seus dialectos estremeño, andaluz e canario da época, recibindo pouco despois forte influencia do castelán da meseta.

Nun principio foi falado só polos españois e os mestizos das cidades, xa que no eido rural andino continuou a falarse o quechua, o aimará e as demais linguas indíxenas por catro séculos, sendo maioritarias até a primeira metade do século XX. Despois diso, a discriminación antiindíxena, a imposición do castelán por parte do goberno peruano, a irrupción dos medios de comunicación masiva e a migración rural a partir de 1940, reconfiguran o mapa dialectal do país.

Notas

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas do Perú