Nos Estados Unidos hai 41 millóns de persoas que falan castelán como primeira lingua (2016), o que fai deste idioma a segunda lingua máis falada dos Estados Unidos. O castelán é a lingua máis estudada, despois do inglés, nos Estados Unidos, con arredor de seis millóns de estudantes.Instituto Cervantes' Yearbook 2006–07. (PDF). Consultado o 31 de decembro de 2011 Con máis de 50 millóns de falantes nativos e como segunda lingua, os Estados Unidos é o segundo país con maior poboación de falantes de castelán do mundo, só por detrás de México, aínda que non é lingua oficial do país.How Many People Speak Spanish, And Where Is It Spoken? Published by Babbel. Consultado o 28 de abril de 2018 Arredor de tódolos falantes de castelán nos Estados Unidos declararon dominar o inglés "moi ben" de acordo co censo de 2000. Ese dato incrementou ao 57% na enquisa American Community de 2013–2017. American Community Survey, Language Spoken at Home by Ability to Speak English for the Population 5 Years and Over(Table B16001) 2013–2017 5-year estimates] Os Estados Unidos de América contan coa súa propia academia da lingua, Academia Norteamericana da Lingua Española.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Escobar, Anna Maria, e Kim Potowski. 2015. El Español de los Estados Unidos. Cambridge University Press. Fuller, Janet M. e Leeman, Jennifer. 2020. Speaking Spanish in the US: The Sociopolitics of Language. Multilingual Matters. Lipski, John M. 2008. Varieties of Spanish in the United States. Georgetown University Press. Lozano, Rosina. 2018. An American Language: The History of Spanish in the United States. University of California Press.
Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América