A paragoxe é un fenómeno fonolóxico consistente na adición dun fonema ou son na posición final dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno, tamén chamado epítese, pode darse ó longo da historia dunha lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas. Nalgunhas linguas é un recurso habitual na adaptación de estranxeirismos, así o inglés cement adaptouse en ganda como sementi. A paragoxe en lingua galega E paragóxico O caso da adición dun "e paragóxico" é habitual no galego coloquial (e con máis liberdade aínda nas cancións tradicionais, para forzar a pronuncia paroxítona ou grave de xeito que a sílaba tónica sexa a penúltima) para verbos en infinitivo ou palabras rematadas en "-n", debido a que o galego foxe das sílabas trabadas polo seu pouco rendemento fonolóxico.
En si é un termo simple, pero que pode dar lugar a realidades que presentan lecturas moi diferentes. Cando a adición desa vogal na fala é de carácter sincrónico, considérase un vulgarismo:
Moito che gusta comere.
Porén, cando para a captación da mesma pode desenvolverse unha valoración estética, a paragoxe pode converterse nunha licenza poética que posibilita o metro regular e a rima, e que, en casos como este verso de Rosalía de Castro, achega a fala popular:
Todo é folgare.
Á hora de ser representada a paragoxe na escrita, reflíctese na mesma a lingua falada.
Exemplos Exemplos de paragoxe son *traballare, *comere, *falare, *mare, *corazone e moitos outros.
A raíz do toxo verde é moi mala de arrincare. Os amorciños primeiros son moi malos de olvidare.
Cal das ondiñas do mare morren bicando na area, así, amantiña, contigo, así finarme eu quixera. Notas
Categoría:Historia da lingua Categoría:Dialectoloxía Categoría:Fonética Categoría:Fonoloxía Categoría:Morfosintaxe Categoría:Fenómenos fonéticos en lingua galega