Llanito ou Yanito é unha variedade do castelán andaluz falada polos habitantes de Xibraltar. Consiste principalmente nunha mestura do inglés e o castelán comparable co spanglish,O spanglish é a fala ou argot falado polas comunidades inmigrantes en certas cidades estadounidenses e é unha mestura entre o inglés estadounidense e o castelán mexicano ou caribeño. En todo caso ambas variedades son completamente diferentes, ademais de ter diferenzas no acento ou pronunciación. que mestura o inglés británico e o dialecto andaluz. O llanito tamén ten máis de 500 termos léxicos procedentes do xenovés, o hebreo, o árabe, o portugués e o maltés.Ethnologue - Gibraltar Llanito é tamén un xentilicio agarimoso para os habitantes do territorio antes mencionado.
A orixe do termo é incerto. Hai quen se inclinan a pensar que vén do nome propio "John" (agarimosamente "Johnny"), moi común na lingua inglesa, ou ben aos moitos "Giovanni" (agarimosamente "Gianni") da colonia xenovesa que habitaba o territorio, ou ben unha denominación en ton irónico por parte da poboación andaluza da zona que rodea o Campo de Xibraltar, aludindo precisamente ao pouco chan ou escarpado do terreo do Peñón. O termo curto Llanis tamén é empregado pola poboación de Xibraltar, onde se pode escoitar en todo o territorio e con orgullo en cancións durante o Día Nacional de Xibraltar.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Linguas do Reino Unido Categoría:Dialectos do castelán